Venres. 26.04.2024
El tiempo

A participación da Costa da Morte na Rede Cultural da Deputación

A participación da Costa da Morte na Rede Cultural da Deputación

A Deputación da Coruña vén de aprobar a lista de grupos de toda índole e condición, que forman parte da Rede Cultural 2011. Centos de grupos de danza, teatro, música... quedan inscritos. A proposta é para que as asociacións e concellos poidan solicitar a súa participación nas súas festas, contando cunha importante subvención da entidade provincial.

De feito, as entidades sen ánimo de lucro poderán solicitar actuacións das que a Deputación aporte o 70% do importe da actuación.

Grupos da bisbarra

Se os organizadores de festas e eventos serán beneficiados por estas axudas, os que tamén son favorecidos son os grupos da zona. Grupos de teatro, música tradicional, folk ou rock, bandas.... Todos poden adherirse á Rede Cultural da Deputación e entrar no circuito.

E poden saír moi beneficiados porque ás entidades e concellos sairálles moito máis barato a súa contratación.

Prazos

No terceiro cuadrimestre de cada ano, sobre finais de setembro e primeiros de outubro, ábrese un prazo de 20 días para que se inscriban os grupos na Rede CUltural do ano seguinte.
Posteriormente sácase o libro e ábrese o período de "contratación/petición" (normalmente febreiro-marzo) para Concellos e asociacións.

Moita música tradicional

Facendo un repaso as grupos adheridos, podemos facer unha clara descrición da Cultura na Costa da Morte. 23 corais, 7 grupos de canteiras e pandereteiras, 6 bandas de gaitas e 2 bandas de música dan conta do potencial en materia tradicional na Costa.
Pola contra, tan só temos 12 grupos de folk, pop ou rock, 4 grupos de teatro e pouco máis.

Vemos ademais que os concellos da zona de Bergantiños son moito máis prolíficos a inscribirse nestes programas, mentres que pola comarca de Fisterra son poucas as posibilidades onde contratar. Por exemplo, os Concello de Dumbría e Mazaricos non conta cun só grupo, de todas as disciplinas, inscrito.

Repaso aos Grupos da Costa na Rede Cultural

Cabana

Camariñas

Carnota

Cee

Corcubión

Fisterra

Laxe

Malpica

Muxía

Muros

Ponteceso

Vimianzo

Comentarios