A pataca de Coristanco convertida en arte


Temos visto as patacas de Coristanco en numerosas vicisitudes. Pero poucas, probablemente ningunha a cazamos desta guisa, como gran protagonista dunha exposición de arte moderna. Así está dende xullo, e ata este 20 de outubro no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela.
Trátase duha exposición de Víctor Grippo, finado artista arxentino, chamada Transformación: A toma de conciencia.
Grippo utiliza elementos da natureza para explicar a evolución humana, representando "a transformación do home a través do exercicio dun oficio". É aí onde Grippo utiliza elementos propios de cada lugar, e a pataca representa perfectamente o sentido da obra. Neste caso, en Galicia, os promotores da exposición escolleron a pataca de Coristanco como protagonista.


Sabíades que cada pataca produce por si mesma 0,7 voltios de enerxía? Pois na exposición, ademais de dignificar a figura do tubérculo máis popular de Bergantiños, tamén podes descubrir cousas como é o proceso de putrefacción, i é que Grippo era químico de formación.
Tes aínda pois esta semana para visitala obra en Santiago.
Máis información
- CGAC: Transformación, de Víctor Grippo.
- CGAC: Folleto da exposición de Víctor Grippo: Transfirmación.
- Fotos do xornal colaborador Certo, Xornal da Barbanza.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).