Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Semescom segue espallando os tesouros románicos costeiros aos visitantes

A Semescom segue espallando os tesouros románicos costeiros aos visitantes
OS Amigos do Romanico con Manuel Vilar en Moraime

Un grupo de 40 persoas pertencentes á asociación Amigos del Románico fixeron este sábado 9 de marzo unha visita a varias igrexas románicas da Costa da Morte. Na organización da visita participou o Seminario de Estudos Comarcais (SEMESCOM) e quen mellor que o seu vicepresidente, e colaborador desta casa, Manuel Vilar, para facer de guía.

Estes empezaron o seu percorrido en San Martiño de Ozón, onde visitaron a igrexa e os restos da antiga casa prioral. Despois seguiron ata Moraime, onde se detiveron máis dunha hora gozando desta xoia monumental do noso románico. Ambas viistas levaron o sabor reivindicativo da necesidade dunha seria restauración.

O percorrido seguiu por San Pedro de Leis, vendo a súa pequena igrexa e o seu crismón, unha das xoias artísticas da Costa da Morte e unha das primeiras manifestacións da arte cristiá. A última parada foi en Santiago de Cereixo para contemplar especialmente o tímpano da traslatio. O tempo non deu para máis, e Xaviña terá que quedar para outra ocasión.

Como ben apunta o propio Vilar, "visitas deste tipo axudan á promoción do patrimonio artístico da Costa da Morte, que tamén haino e bo". Pero tamén lamenta: "Mágoa que á hora de planificar os recursos turísticos non se teña en conta este patrimonio".

Manuel Vilar explica a porta sur de Moraime aos amantes do Romanico

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios