A veciñanza de Coristanco comeza unha Campaña Solidaria de Nadal
Xa temos o Nadal aí diante, e con el póñense en marcha novas campañas solidarias. A que contamos hoxe nace dende a propia veciñanza de Coristanco. Como nos conta Manuel Mayo Parroco, co gallo do Nadal, varios puntos do termo municipal bergantiñán xa teñen puntos de recollida de alimentos, donativos e xoguetes para axudar a familias necesitadas, comedores sociais e mesmo para o Centro parroquial que acolle a nenos.
A campaña comezou o pasado venres e extenderase ata finais de decembro, e xa se pode colaborar deixando a túa achega nas parroquias de Oca, Xaviña, Traba e Seavia, así como en moiros dos comercios da vila, no ximnasio Wold Fitnnes de Carballo (do Centro Comercial Halley) emais no IES PArga Pondal. Os organizadores agradecen a colaboración dos mencionados, dos feligreses e dos alumnos que se volvan con tan noble fin, ao igual que a Conservas Calvo, que tamén fixo a súa doazón.
Novas relacionadas
- A ONG Egueire pide o compromiso da bisbarra cunha Cea Solidaria.
- A compra solidaria da UD Cerqueda.
- A xigante empanada solidaria de Muros.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).