Abril carga de actividades culturais a #axendaCostadaMorte

08:15 08/04/16

Presentacións de libros
- Despois de coñecer cal é o lugar favorito de Jorge Mira para observar o ceo, agora toca saber "A que altura está o ceo?". O catedrático de electromagnetismo da Universidade de Santiago de Compostela presenta hoxe no auditorio de Baio, ás 21:15 horas, o seu novo traballo. No acto intervirán tamén escritora María Canosa, o xornalista Santigo Garrido, o alcalde de Zas, Manuel Muíño e o editor de Alvarellos, Henrique Alvarellos.
- Paco Souto presenta en Ponteceso "eCaín". O acto terá lugar hoxe na biblioteca da vila ás 2o horas e intervirán Miguel Mato, prologuista, e o concelleiro de Biblioteca de Ponteceso, Carlos Penedo. Este último libro do escritor Paco Souto, recén saído do prelo, inaugura a nova colección poética Ventoalto da editorial Laiovento, con ilustracións da coñecida artista Viki Rivadulla.
Teatro
- Talía Treatro leva mañá á casa da Cultura de Vimianzo a súa última obra: Foucellas. A cita comeza ás 21.30 horas e o custe da entrada é de 3,5€.
- "Falar sen cancelas" chega ao auditorio de Cee. Os populares cómicos galegos Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei traen mañá sábado o seu novo espectáculo de "humor galego apocalíptico", "Falar sen cancelas". Esta "comedia pesimista" producida por Culturactiva e dirixida por Diego Rey comeza ás 20.30 horas, e o custe das entradas varía entre os 3 e os 5 euros.
- O centro cultural de Muros acolle mañá sábado, ás 18 horas, "Canta o cuco"; un espectáculo músico-teatral dirixido ao público infantil e familiar. As entradas son a 2,50 €.
Documentais
- As Bibliotecas de Carballo comezan hoxe o ciclo de Proxecións temáticas coñecendo as diferentes disciplinas da Cultura Urbana, como o breakdance, beatbox, graffitti, rap, skateboard ou turntablism, da man de Vella Escola, unha entidade especializada na organización e difusión de actividades relacionadas coa Cultura Urbana en Galicia. A proxección está para as 19 horas.
- Os salón de actos de Laxe acolle mañá sábado, ás 18:00 horas, a proxección do documental "Fíos Fóra". A obra fai un repaso polo sector téxtil dende os anos 60, centrándose especialmente nas miles de mulleres galegas que supoxeron a man de obra das xigantes industrias.
Concertos
- O cantante de blues Adrián Costa volve esta noite ao Pub A Ventana de Laxe. O concerto comeza a partir das 23;30 horas e, coma sempre, a entrada é de balde.
- Mañá abre en Camelle o Pub Marítimo. Ademais dos pinchos gratuitos, os asistentes á inauguración terán a oportunidade de desfrutar co concerto de "Alan Acoustic Projet" a partir da media noite.
- Continúan os concertos mañá sábado na Ventana de Laxe da man de Random Thinking que están de xira galega. A banda formada polos irmáns Aurora e Ángel Pérez chega dende Cádiz cos seus clásicos de rock, blues e folk dos 60-70-80. Entrada de balde.
Sendeirismo
- O domingo terá lugar a segunda etapa do programa"Primavera en Ruta" da asociación ecoloxista Senda Nova. O roteiro discorrerá por Trazo - Tordoia -. Os participantes descubrirán "A forza do río Chonia" a longo dos 22 quilómetros que compoñen a ruta. Etapa de dificultade media.
Festas
- O sábado terán lugar as Festas de Trasufre, aprazadas o pasado 26 de marzo.
Fonte
- Redacción de QPC.