domingo. 11.05.2025
El tiempo

Adiante cos Faladoiros bergantiñáns

Adiante cos Faladoiros bergantiñáns

Interesantes os Faladoiros que está artellando xa a Asociación para a Cooperación Adiante en Carballo. Este nova actividade consiste nun ciclo de cinco faladoiros que trantan distintos temas de recente actualidade: tasas xudiciais, mudanzas na cultura, acoso escolar,…

O primeiro faladoiro foi a comezos de mes, no que o avogado e escritor José Antonio Andrade falou do tema da nova lexislación sobre as tasas.

O Pazo da Cultura volverá encherse este venres 22 de marzo, para escoitar a Vanessa Andrade e Susana Carro, autoras do blog Sinapsis Psicología.

Para abril teremos outras dúas citas. O venres 5 de abril sesión sobre a Influencia dos medios de comunicación na sociedade, con Luís Álvarez Pousa, catedrático da USC e director de Tempos Novos.
O venres 19 de abril toca falar sobre a Evolución Histórica de Carballo con Xan M. Fraga.

E será o actor Avelino González o que peche as xornadas o 3 de maio falando de Recortes en materia de Cultura.

Todos os faladoiros serán as 20:30h.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios