Mércores. 30.11.2022
El tiempo

Amasando Pan de Carballo

Amasando Pan de Carballo
Forno de Pan de Carballo da Panaderia Elida Mesejo

Volvemos esta fin de semana á capital bergantiñá da man de para descubrir un dos nosos mellores tesouros gastronómicos. I é que a marca "Pan de Carballo" xa ten valor propio convcertíndose xa dende hai 8 anos nun produto de interese turístico.

Como non podía ser doutro xeito, un produto que conta coa súa festa gastronómica, a Festa do Pan de Carballo que soe ser durante o mes de maio. Outra das citas nas que o Pan de Carballo é protagonista é na Festa dos Libros de agosto, pois todas as persoas que mercan un libro son agasalladas cun Pan de Carballo. Iso si que é unha gran promoción.

Son alomenos 13 as panaderías que forman a marca, entre elas A MIlagrosa, que visitan os compañeiros de "Turismo Carballo"

Un pan con historia

Fotografia de Pan de Carballo dun concurso no concello de Carballo

Vén de lonxe a historia do Pan carballés, máis aló de cando no século XVI cada casa facía o seu propio pan. Fixéronse famosas en toda a provincia aló polo séc. XVIII as feiras de Santa María de Rus, Verdillo ou San Xurxo de Artes. A comezos do século pasado o pan levábase a cabalo polas parroquias, e das 4 patas, as 4 rodas das furgonetas que hoxendía vertebran a Costa da Morte a base de faragullas.

Trigo da casa

Non vale calquera fariña para facer un auténtico molete de Pan de Carballo. A receita tradicional indica que, primeiramente, o fermento elabórase de maneira artesá, a partir de restos de masa do día anterior, que conformarán a base da "masa nai". Ademais o pan faise con trigo tratado nos muíños de "A Cheda", de "Ponte Rosende" ou no "Quinto". É máis, nin a auga vale a da villa, pois a fariña tense que mesturar con auga do río Anllóns.
E unha vez feita a masa, toca cocelo bolo, barra, molete... pero ollo, sempre nun forno de pedra.

Agora as tecnoloxías industriais avanzaron e o millo non ten que ser moído neses 3 muíños, e o forno pode ser profesional, pero o amor que se bota enriba é o mesmo que antes. De feito, unha das partes fundamentais para facer un bo pan de Carballo é, como asegura Generoso Fuentes, da Milagrosa, un establecimento que ten case 65 anos, "o descanso". I é que a masa "ten que descansar", ademais por partida triple, durante o proceso de creación.

Amasando pan de Carballo-Foto-Turismo Carballo

Novas relacionadas

Fonte

comentarios