Venres. 29.03.2024
El tiempo

Aquí non se tira nada: A Petenera Móbil

Aquí non se tira nada: A Petenera Móbil

Tralo éxito da randeeira de tuberías, continuamos con esta nova sección do "Aquí non se tira nada", na que as imaxes son as protagonistas. Dando un xiro ás clásicas “Chapuzas galegas” que todos os xornais do país recollen, en QPC prantexamos a idea como unha demostración do enxeño dos galegos para a reciclaxe. “A vida útil do inútil” podería ser perfectamente o tagline da sección, e "O Enxeño galego"o título.
I é que o talento funcional dos galegos para aproveitar os recursos é infinito. Cantas veces temos visto estas bañeras como bebedoiros para as vacas, eses somieres que fan de cancelas… Agardamos ir recuperando todas estas escenas do agro, e do urbano, da Costa da Morte.

"A Petenera Móvil"

E hoxe trasladámonos ás Festas da Barca 2011, pero ben a puidemos atopar en calquera outra festa da bisbarra. Aló anda a Petenera Móvil, xa todo un clásico nas nosas citas festexeiras, e se non que llo digan á Charanga Fantástica da Cherinkas.

Un carrito da compra completamente tuneado, dotado cun espectacular sistema de luces e un equipo de son de primeira, para montala festa alá onde se che ocorra.

A Peterena Móbil lista para un verán máis-Foto-Josito do Cabo

Envíanos a túa foto

Quen mellor que vós para contarnos estes exemplos de enxeño dos vosos arredores.
Animávosvos a que nos mandedes imaxes deste calado, así como fotodenuncias, a [email protected].

Aquí non se tira nada!

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios