Sábado. 04.05.2024
El tiempo

As Becas manteñen vivo o legado do mecenas Fernando Blanco

As Becas manteñen vivo o legado do mecenas Fernando Blanco
Novo curso das becas Fernando Blanco

A Fundación Fernando Blanco de Lema e o I.E.S. Fernando Blanco de Cee veñen de convocar a terceira edición das Becas - Premio Fernando Blanco, correspondentes ó curso 2013-2014. Tralo éxito das convocatorias anteriores, Fundación e Instituto seguen a lembrar con elas que o obxetivo de Fernando Blanco de Lema foi a construción na súa vila natal, dun centro de primeira e segunda ensinanza, cuia finalidade era a correcta formación dos alumnos/as da comarca, buscando con elo que non tivesen as carencias formativas que él, e outros tantos coma él, tiveron nas súas infancias.
E que mellor maneira de lembrar este feito que a través dunhas becas - premio que leven o seu nome, destinadas a recoñecer o esforzo do alumnado deste emblemático centro educativo.

Ó igual que en cursos pasados, ditas Becas - Premio teñen por finalidade premiar a 5 dos mellores expedientes académicos do I.E.S. Fernando Blanco de Cee (cursos: 1º de P.C.P.I; 3º da E.S.O; 1º Bacharelato; 1º de Ciclo Medio e 1º de Ciclo Superior). Cada unha das Becas-Premio está valorada en 512 € (200 € en metálico e 312 € en vales de compra a consumir nos establecementos colaboradores).
Os alumnos/as que opten a estas becas - premio deberán ter todas as materias aprobadas en xuño, cunha nota media mínima de 8,5.

A cerimonia de entrega das mesmas, que o ano pasado contou coa presencia do Conselleiro de Cultura e Educación, celebrarase o 6 de setembro no salón de actos do I.E.S. Fernando Blanco.

Para levar adiante esta iniciativa, a Fundación e o I.E.S. Fernando Blanco contan coa colaboración desinteresada dun total de 12 entidades: Deputación da Coruña, Estación de Servicio Bazarra, Centro Comercial Finisterrae, Ler Librerías, Fersi Papelería, Aurora Sport, Cabo Sport, Grupo Santitel - Vodafone, Librería Trazos, Praia de Quenxe Cooking & Hotel, Roberto G. Rigaut (Mapfre) e Compucee.

Máis información

As bases que rexerán a concesión das Becas-Premio atópanse na web www.museofernandoblanco.org.

Fonte

Comentarios