mércores. 04.06.2025
El tiempo

As Cifras do FIOT: 10.200 persoas, un 90% de ocupación e a necesidade dun novo equipamento

As Cifras do FIOT: 10.200 persoas, un 90% de ocupación e a necesidade dun novo equipamento
As Cifras do FIOT

Meten medo as cifras do FIOT. Unhas cifras que demostran que o Festival Internacional de Outono de Teatro é xa todo un referente a nivel nacional. Foi mes e medio con 96 actividades e espectáculos que xuntaron a máis de 10.200 persoas (case un terzo da poboación). Nas 74 funcións de 35 espectáculos diferentes o Pazo da Cultura acolleu a 6.720 espectadores, o que deixa unha media de 304 asistentes nas obras do Ciclo Principal, unha ocupación do 90% en sala.

Unhas cifras que dan conta da necesidade dun novo equipamento para acoller espectáculos máis relevantes. O Pazo da Cultura quédase pequeno.

Cheo no Pazo da Cultura de Carballo para o FIOT Cheo tras cheo no Pazo da Cultura de Carballo durante o FIOT

'Incendios', obra gañadora do Premio do Público do FIOT 2017

O espectáculo de Ysarca e Teatro de La Abadía, protagonizado por Nuria Espert, obtivo unha nota de 4,86 sobre 5, sendo así galardoada co Premio do Público.

O público tamén recoñeceu a coprodución do FIOT e Contraproducións, 'Fillos do Sol', que servía para pechar o certame, logrando un gran éxito de audiencia e a terceira mellor nota do público cun 4,6.

En clave de notas, a organización agradece a puntuación do público, recibindo a mellor puntuación da última década (un 4,27 sobre 5). O mesmo lle pasou ao Ciclo OTNI que alcanzou a súa maior puntuación da súa historia, cun 4,2 sobre 5, impulsado polas estreas e o apoio do festival á creación.

Referente indiscutible en toda Galicia

A gran confluencia de participantes converte ao FIOT nun dos grandes eventos culturais de Galicia, xa que concentra a un número de persoas equivalente a un terzo da poboación de Carballo, unha cifra con gran impacto social e económico.

A isto súmase a gran calidade da programación, que despertou o interese de moitos profesioais do sector. Ademais de críticos de teatro de ámbito galego, asistieron outros do panorama nacional, como o director da revista Teatro Artez, doutros medios xeneralistas, produtores e distribuidores de teatro, directores de festivais, numerosos directores e acotres e programadores.

Novas do FIOT

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo

Comentarios