Luns. 14.10.2024
El tiempo

As festas e a calor protagonizan a #AxendaCostadaMorte

As festas e a calor protagonizan a #AxendaCostadaMorte
Os amantes das verbenas están de noraboa. Chega unha fin de semana onde as festas ao longo e ao ancho da Costa da Morte enchen de música a #Axenda.  E falando de noraboas, tamén o están os amantes da praia e do sol xa que o parte costeiro 4gotas.com di que veñen uns días de moita calor. Falaremos de sol e de calor o hoxe, mañá e o domingo só con un par de excepcións. Unha case segura. As néboas da mañá de hoxe entre Muxía e Malpica con vento do nordés e outra menos probable, pero á que hai que estar atentos. Que se repitan esas néboas no domingo en todo o litoral da Costa da Morte, pero o máis probable é que luza o sol e como moito se acheguen na tarde, e só no litoral norte... No resto da fin de semana falaremos de sol e de calor, con máximas que no litoral entre Muros e Fisterra estarán ao redor dos 30ºC (hoxe algo menos), no interior achegaranse aos 35 e no litoral norte, entre Muxía e Malpica estarán entre os 25 e os 28 graos. Fin de semana de praia e ollo que co índice ultravioleta en máximos anuais, asi que, non tomar o sol sen protección solar, especialemente entre as 12 e as 5 da tarde.

Festas

  • En Mazaricos, as grandes Festas de Alborés fanse hoxe con verbena, e o domingo 18, con sesión vermú.
  • Na parroquia vimiancesa de Baíñas, celebras hoxe e mañá as festas na honra a san Antonio e a Corpus Cristi. As orquestas Ciclón, Compostela, Jonny Maquinaria e unha disco móbil será os encargados da música.
  • En Suxo (Muxía) celebran hoxe a I festa da Xuventude cunha verbena a cargo do Combo Dominicano e coa discoteca móbil CDC. E mañá, será as festas na honra á virxe do Pilar onde haberá sesión vermú e verbena coas orquestas Garibaldi e Alaska Deluxe.
  • Na parroquia de Toba, Cee, o san Adrián celébrase hoxe e mañá por todo o alto coas orquestas Trébol, América, Atenas e Royal Espectáculo.
  • En Anos (Cabana) están mañá e o domingo de celebración. Para iso contarán co trio Karmín e coa orquesta Ciudad Cristal.
  • Mañá e o domingo, Malpica vive as súas míticas festas de san Adrián e do Corpus. A cita dominical, a romaría ata o sando Hadrián, unha das romarías máis auténticas da comarca de Bergantiños, declarada Festa de Interese Turístico.
  • En San Martiño de Fontecada (Santa Comba) está mañá e o domingo de celebracións. E da parte musical encargaranse a orquesta Dilema, a disco móbil Impacto e a orquesta Iris.
  • En San Adrián (Zas) están esta fin de semana de festa. Ademais dos actos litúrxicos haberá verbeneo, e diso encargaranse o trio La Noche, a orquesta Ciclón e o dúo Karmín.
  • En Muxía celebran mañá a festa do Corpus co trío Digital e co grupo Mar Davila.
  • Na parroquia ceense de Brens celebran mañá e o domingo as festas do Corpus. A verbena de mañá estará amenizada polo Combo Dominicano e a disco móbil CDC e o domingo encargarase da música o trío Tribal.

San Xoán de Carballo

  • Presentación da exposición Luscofusco. 29 artistas da Costa da Morte únense para rendirlle homenaxear a Paco Souto cunha mostra colectiva que se ubicará no pazo da Cultura de Carballo. A inauguración é hoxe ás 20:30 horas.
  • Hoxe ás 22:30 horas celébrase na Barra Bar a festa de presentación do festival Rockin’, que este ano medra en grupos.
  • Manel Fuentes, o popular presentador de televisión, trae mañá a Carballo a súa banda The Spring’s Team para ofrecer un concerto dunhas dúas horas na que o protagonista será "The Boss", Bruce Springsteen. A cita comeza ás 23 horas.
  • Este tamén será unha fin de semana cargada de citas deportivas en Carballo. Así, mañá haberá unha exhibición de Taekwondo, o domingo disputaráse a popular carreira 10K ademáis das cabanas solidarias Operación Pangono Pangono.

Exposicións permanentes

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre todos os días (de luns a venres de 11 a 20 horas e sábados e domingos de 11 a 21 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.

Outras citas

  • Laxe. Esta fin de semana terán lugar as últimas actividades do mes de xuño enmarcadas dentro do programa Relaxese 2017. Hoxe, ás 19 horas, o ex presidente da Xunta - Fernando González Laxe - ofrece unha conferencia baixo o título "A regulación pesqueira e o consumo dos productos do mar". Mañá sábado, ás 11 horas, terá lugar o debate dos portavoces de pesca do PP, PSdeG-PSOE, En Marea e BNG no Parlamento galego que debatirán sobre "A pesca sustentable en Galiza". E xa pola tarde, haberá un obradoiro para os máis pequenos.
  • Festival Shanti OM en Santa Comba. Esta fin de semana chega a Santa Comba a segunda edición do festival Shanti OM onde os protagonista serán as variedades de Yoga, talleres, concertos, danza, medicina alternativa,...
  • Presentación literaria en Carnota. O salón de actos de Carnota acolle hoxe, ás 19:30 horas, a presentación do libro de Artur Alonso, “Un longo acordar”.
  • Festival de baile e música tradicional en Santa Comba. A praza do campo da Feira acolle hoxe, a partir das 20:30 horas, o festival da música e do baile tradicional.
  • Clausura en Baio. A asociación cultural Adro de Baio clausura o domingo, ás 18 horas, as súas clases de baile, gaita, pandeireta e percusión. A cita é no pavillón da vila.
  • Concerto en Vimianzo. O Celme Café, recén reformado, estrea sala de concertos con Los Claretes. A cita é este sábado á media noite. A entrada é de balde.
Fonte

Comentarios