Mércores. 08.05.2024
El tiempo

As festas invaden a #AxendaCostadaMorte

As festas invaden a #AxendaCostadaMorte
Axenda-Costa-da-Morte-9xullo2016 Esta fin de semana a #AxendaCostadaMorte ponse de longo para recibir dúas festas de interese turístico: a Fagía de Carnés e a o Percebe de Corme. Ademais destas, durante os próximos días haberá moitas outras verbenas na honra ao patrón dos conductores. Na axenda desta fin de semana tamén hai outras alternativas como as visitas guiadas, que nalgúns casos son teatralizadas, polos diferentes espazos turísticos da Costa da Morte. Ainda que segundo indican dende 4gotas.com o pronóstico para o tempo na Costa da Morte non está cento por cen claro, a fin de semana será anticiclónica. Apenas haberá vento e fará calor, polo que haberá que estar moi atentos ás néboas. Hoxe será un día propiamente verán a pesar das néboas matinais que se irán a media mañá da costa entre Fisterra e Muros, ao final da mañá no interior e durante o mediodía dos arredores de Bergantiños, quedando despois desas néboas o ceo azul. Mañá seguirá a calor e o sol no interior e na costa entre Fisterra e Muros, pero no litoral entre Muxía e Malpica (sobre todo preto de Malpica) haberá que estar moi atentos ás néboas. Semella que entrarán a primeira hora da tarede e serán persistentes durante toda a tarde, pero non afectarán ao litoral sur da Costa. O domingo si que é probable que a néboa afecte a todo o litoral da Costa da Morte e durante todo o día, lucindo o sol e con calor no interior. Atentos á web de 4gotas.com ou a app para móbiles AQuePlaya por se hai cambios e queda algunha praia lonxe da néboa. Festas
  • Corme celebra mañá a XXIV edición da festa do Percebe, declarada como festa de interese turístico. Dende as 12 da mañá xa estarán a venda os tickets, e tras o pregón de Chema Gagino - cineasta da vila - comeza a exaltación. A charanga BCB de Celanova e a discoteca móvil CDC encargaranse de amenizar a tarde, haberá servizo de gardería infantil e partir das 22 horas verbena.
  • Cee: dende hoxe e ata o domingo, Cee celebra as festas do san Cristovo. Ademais da tradicional procesión, que será o domingo, haberá sesións vermú e verbenas a cargo das orquestas Ciclón, América, Ritmo Joven e da disco móbil CDC.
  • En Soesto, Laxe, arrincan hoxe as súas festas cunha sardiñada a partir das nove da noite que estará amenizada polo grupo Nebraska e a disco móbil Impacto. Sábado e domingo continúan as celebracións.
  • Outra das grandes festas gastronómicas do verán volve esta fin de semana a Vimianzo. A Fagía de Carnés, ou tamén coñecida como a festa dos callos, será mañá sábado. A festa continuará domingo, luns e martes.
  • En Cerqueda (Malpica) tamén honran esta fin de semana ao san Cristovo. A música virá da manda da orquesta Solara e do grupo La Bamba e o domingo será o turno da orquesta Alabama.
  • O domingo e o luns, Baio é #paradaobrigada. As orquestas Pontevedra, Cinema, Palladium e o Combo Dominicano encargaranse de amenizar as festas do san Cristovo. Tampouco faltará o tradicional concurso para os coches mellor engalanados que fagan a procesión pola vila e unha sesión de fogos de artificio.
  • En Lema, Carballo, tamén celebran o San Cristovo estes domingo 10 e luns 11 de xullo, coa Montreal e Manu Tenorio.
  • La Bomba amenizará as festas na honra da virxe do Carme que se celebran este domingo en Santa Sabiña, Santa Comba.
Presentacións de libros Exposicións Visitas guiadas
  • Dolmen de Dombate (Borneiro) abre todos os días entre as 9 da mañá e as 21 horas. Dispón dun servizo de visitas guiadas en horario de mañá – de 11 a 14 horas – e tarde – de 16 a 21 horas –.
  • Torres do Allo (Baio-Zas): o seu horario de apertura ao público é de luns a domingo entre as 11 e as 20 horas. Este ano, como novidade, todos os domingos de xullo e agosto haberá visitas guiadas teatralizadas ás 19:30 horas da man dos Quinquilláns.
  • O concello de Vimianzo ofrece visitas guiadas todos os sábados e domingos ás 13 e ás 18 horas nos Batáns de Mosquetín. Ademais, o Castelo de Vimianzo conta con visitas libres de martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 20:30 horas e visitas teatralizadas os domingos de xullo e agosto ás 13 e 17 horas.
  • O Forno do Forte, de Buño-Malpica, abre durante o verán entre as 11 e as 14 e de 16 a 20 horas, a excepción dos domingos.
Outras citas
  • Muros acolle estes días as XII xornadas de cultura mariñeira Muros Mira ao Mar que inclúen unha mesa redonda sobre a contaminación na ría de Muros que terá lugar hoxe ás 12:30 horas na Fábrica de Sel. Ao mesmo tempo, entre hoxe e o domingo, a celebrarase o mercado mariñeiro #murosmiraaomar entre as 11 e as 23 horas.
  • VIII encontro Monte Pindo: charlas sobre o Monte Pindo, sendeirismo, carreiras, o Trail, degustacións gastronómicas, paseos culturais en catamarán, comida de confraternidade, música, festa serán algunhas das actividades da oitava edición do encontro Monte Pindo que organiza a asociación cultural, deportiva e recreativa Pedramar.
  • Roteiro nocturno polos montes de Pico de Meda (Zas) con Senda Nova. Con pernoctación incluida e cun percorrido de dez quilómetros, aproximadamente, os participantes intentarán desmitificar a figura do lobo.
Fonte    

Comentarios