Dous videoclips costeiros e un actor, candidatos aos Mestre Mateo
A Costa da Morte terá unha gran presenza nos Premios Mestre Mateo aos que están nominados dous videoclips da zona: "A pequena morte", de Caamaño&Ameixeiras e "Fai tempo", de The Rapants. Estas pezas competirán con "Ruando Crónicas D'Ardén - Cap 2", de Mondra; e co recén estrado himno do Celta de Vigo, "Oliveira dos cen anos", producido por C. Tangana e Little Spain.
Tamén está nominado na categoría de "Mellor intepretación masculina de reparto" onde estará o mazaricán Federico Pérez Rei polo seu papel en "Rapa".
A gala dos Mestre Mateo celebrarase o vindeiro 23 de marzo no Coliseum de A Coruña nun acto que estará presentado polos actores Lidia Veiga e Miguel Canalejo e dirixido pola dramaturga Noemi Rodríguez. A serie "Rapa", "O Corno" e "Matria" arrasan nas nominación aos próximos Mestre Mateo con 42 candidaturas finalistas.
Máis novas
- Xaneiro 2024: Xa está aquí "Blaster W4u", o vídeoclip de The Rapants gravado en Muros
- 2022: The Rapants unen forzas con Grande Amore.
- Setembro 22: The Rapants sacan nova psico-cumbia con Galician Army.
- Xullo 22: The Rapants fan bailar a todo Ribeira dende unha batea.
- Decembro 21: The Rapants estrearon novo e divertido EP.
- Os muradáns The Rapants gañan o Concurso Sonidos Mans Salas.
- The Rapants maridan cumbia e psicodelia no novo single autoproducido “La Mítica”.
- The Rapants saen de Xira Capital: “As frases pegadizas e os bailes esperpénticos son o noso sello de identidade”.
- 2018: As bandas muradás Lisdexia e The Rapants gradúanse con Teen Records
MÁIS NOVAS
- #SoandoconForza: Tu Futura Ex Mujer lanza novo traballo, Novos Millonarios.
- As mellores bandas nacionais maridan coa calidade muradá no XIX Festival Castelo Rock.