Sábado. 27.04.2024
El tiempo

As filloas e o vello Exipto serán os protagonistas do Entroido de Carnota e do Pindo

As filloas e o vello Exipto serán os protagonistas do Entroido de Carnota e do Pindo
Como vén sendo habitual, as concellerías de cultura e deportes do Concello de Carnota están a argallar o entroido. As actividades están adicadas a tódolos públicos, pero sobor de todo, para os nenos e nenas que disfrutan destas festas coma ninguén. Será este venres 25 cando comecen as actividades cun Obradoiro de máscaras tradicionais no marco dos Venres lúdicos da Biblioteca. Para a semana de entroido xa haberá máis actividades como unha charla para maiores o xoves 3 de marzo, un obradoiro de disfraces para o venres, a festa de comparsas do Pindo da A.R.C.D. Pedramar, que se celebrará o sábado 5 de marzo, que xa vimos o ano pasado como recibía numerosas personalidades... Este ano o entoido do Pindo tratará sobre o vello exipto, con faraóns, momias, pirámides... Ademais, unha das citas máis singulares será Concurso de filloas, que se desenvolverá na tarde do martes 8 de marzo no Pavillón de Lamas de Castelo.

Programa do Entroido de Carnota 2011

  • Venres 25 de febreiro, 18:00 h, na Biblioteca: Obradoiro de máscaras tradicionais (Venres lúdico) dedicado aos nenos.
  • Xoves 3 de marzo, 11:00 h, na Biblioteca: Charla – obradoiro cos usuarios do centro de día. “A forma de vivir o entroido en Galicia” adicado á 3ª idade.
  • Venres 4 de marzo, 18:00 h, na Biblioteca: Obradoiro de disfraces para a festa (Venres lúdicos).
  • Sábado 5 de marzo, 17:00 h, na praza do Pindo: Festa e comparsas de disfraces no Pindo. (A.R.C.D. Pedramar) para todas as idades.
  • Luns 7 de marzo, 11:00h, Biblioteca: Contacontos e Obradoiro didáctico da man da empresa “Entretempos” sobre o Entroido para 3ª idade e nenos.
  • Martes 8 de marzo, no Pavillón de Lamas de Castelo, de 17:00 h a 20:00 h: Festa infantil e concurso de filloas. Degustación de orellas para tódolos asistentes. Haberá tamén cun desfile de disfraces para premiar ós máis orixinais (dous individuais e dous colectivos).

Concurso de filloas

Trátase de facer partícipe ós adultos da tradición galega de cociñar filloas no entroido. Uns fanas con anís, outros con limón, outros bótanlle auga, outros leite … pero ¿Cales serán as mellores? Para participar no concurso cada participante dede entregar sobre 50 filloas nun plato de plástico ou de papel (de usar e tirar) no pavillón de Lamas, o día 8 de marzo entre as 11:00 h e as 12:00 h. Alí haberá algunha persoa para recollelas, apuntar os datos e ilas colocando. Un profesional da restauración e os votos do público darán ó gañador/a do concurso, ó cal se lle obsequiará cunha placa “Á mellor filloeira de Carnota”. Por certo, a entrada é gratuita. Pero para a realización de todas estas actividades, suspéndense as clases da escola de música e das escolas deportivas, os días luns 7, martes 8 e mércores 9 de marzo. E na organización participan Tien21 (Chouza), Nalú (Escola Náutica), Tapas Tono e Mesón Doña Teresa.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Carnota.

Comentarios