Xoves. 18.04.2024
El tiempo

As mulleres de Cee pensan o que sinten

As mulleres de Cee pensan o que sinten

Cee xa ten guión para loitar contra a violencia de xénero. E tamén ten cartel. Pois a campaña polo 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero que aretllou o Concello de Cee tiña dúas propostas entre os alumnos dos centros educativos do concello: unha de cartelería tradicional e outra en formato audiovisual, como veñen de presentar co proxecto Rec.Apacita dende o Concello de Ponteceso.

Así, este xoves 1 de decembro haberña cita doble a partir das 12:30h no Salón de actos do concello de Cee. Por unha banda terá lugar a entrega de Premios do IV Concurso de Carteis contra a Violencia de Xénero. Este ano foron 18 os carteis presentados e as gañadoras dos primeiros premios son Iria Rial Quintela, co seu cartel "María do Ceo" e Víctor Hugo Conde, co premio Libérate.

Proxección da curta

A sesión servirá ademais como acto de proxección da curtametraxe “Pensa o que sintes” de Lorena Rey Castiñeiras e Mónica Allo González (3º ESO do Manuela Rial Mouzo) gañadoras do I Concurso de guións cinematográficos: "Cine nas aulas para a promoción da igualdade”. Participaron os centros educativos: IES Agra de Raíces. IES Fernando Blanco e Colexio Manuela Rial Mouzo.

Aquí vos deixamos ca curtametraxe "Pensa o que sintes":

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Cee.

Comentarios