Venres. 11.10.2024
El tiempo

Axenda completa na Costa da Morte para esta longa fin de semana de Entroido

Axenda completa na Costa da Morte para esta longa fin de semana de Entroido
Pincha na imaxe e descubre cada cita da fin de semana na Costa da Morte

Fin de semana clave esta no comezo de ano. O Entroido chega con forza á Costa da Morte, e de feito, xa temos recollido Todos os programas de Entroido dos Concellos. Pero imos vendo pouco a pouco que nos trae a Axenda Costa da Morte dende este venres 8 de febreiro ao martes 12, o día grande!.

A fin de semana carnavaleira comeza en Carnota, con gran Concurso de Filloas na tarde festiva no pavillón. Iso será o venres, porque o sábado haberá visita á Torre dos Mouros con Asterix e Obelix, paralela ao Punto Científico.
Ten o venres tamén unha cita entroideira en Vimianzo, coa laconada&guateque dos Cherinkas, que abrirá o completo entroido vimiancés.
Pero ademais, a golpe de venres tamén poderemos ir á Festa da Xuventude de Mazaricos, ao fantástico Entroido-Karaoke de Laxe, a un monólogo en Cee, ou aos concertos de blues en Fisterra e de rock no Pindo.

O sábado comeza coas interesantes xornadas de reflexión "Voces da Periferia", en Corcubión. E a partir de aí, festa, moita festa.
Dende o mediodía, o entroido de Muxía abre a Ruta dos Pinchos, e terá a Gran Festa de Entroido a partir das 17:30 nunha carpa do malecón. Corcubión terá doble cita coas comparsas, sábado e domingo, mentres que en Zas terá lugar o Baile de Entroido.

O domingo será o día do Gran Entroido de Dumbría, con Mucha e Nucha como protagonistas. Tamén terá lugar o Festival de Disfraces de Mazaricos; a festa de Ponteceso con XIX Desfile de Disfraces, o mesmo que en Laxe, onde xa esperan a despedida do venres 15 co Caietano; ademais da Festa de Comparsas de Muros, onde tamén esperan, como en Carnota, polo enterro de Don Facundo, e que poderán repousar os doces coa presentación dun libro.

Pero non acaba aí a fin de semana. Luns e martes teñen citas obrigadas. En Vimianzo terá lugar o Gran Concurso de Comparsas de Entroido a tarde do luns. E outra das citas máis importantes terá lugar, como cada martes de Entroido, co Entroido de Fisterra.
Pero ademais, o martes tamén teñen lugar as citas grandes en Camariñas e Cabana de Bergabntiños.

A partir do mércores comezan as despedidas, cos enterros do Facundo polo sur, o Caietano, a Mikaela... pero desas festas xa falaremos para a semana.


Máis información

Fonte

Comentarios