Venres. 26.04.2024
El tiempo

Carnota, Punto Científico

Carnota, Punto Científico
Carnota acolle este sábado o Punto Científico da AGC CCT

Segue Carnota convertíndose nun lugar de culto en todo o país. Xa viviu a revolución arqueolóxica galega, será o centro da construción ecolóxica, sempre coa idea de custodiar o territorio. Nesa liña, Carnota convertirase no Punto Científico da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (AGC CCT).

Máis ben, Carnota acollerá o Punto Científico que a AGC CCT organiza este sábado, 9 de febreiro, dirixido ao público xeral, gratuito e sen previa reserva. A cita comezará ás 17.00 horas en Portocubelo (diante da lonxa de Lira).

Que é un Punto Científico?

O Punto Científico é unha gran actividade de divulgación científica e tecnolóxica. O evento, de carácter gratuito e aberto a toda a veciñanza, desenvolverase nun ton lúdico e festivo, aproveitando a celebración do Entroido. Deste xeito a Asociación pretende acadar un dobre obxectivo: achegar a I+D+i a un público non familiarizado cos temas científicos e tecnolóxicos e a zonas con escasa oferta de actividades deste tipo.

A cita carnotá estructúrase en mini-pílulas de divulgación impartidas por socias da Asociación que desenvolven o seu traballo en campos como a Bioloxía Mariña, a Astronomía, a Arqueoloxía, a Física... Como actividade complementaria, realizarase unha visita guiada precisamente á Torre dos Mouros. Será o arqueólogo Xurxo Ayán, do que xa temos lido cousas como Dombáter no libro Herdeiros pola Forza, o que nos guíe entre as pedras partindo ás 12:00h do monumento a Castelao en Lira.

Nas charlas de divulgación, o arqueólogo Xurxo Ayán participará con “Escribiuse un crime: arqueoloxía dun camposanto”; o astrónomo Borja Tosar con “Postal planetaria dende Marte”; o microbiólogo Esteban Fernández con “De camping coas bacterias”, o neurocientífico Casto Rivadulla con “Ata canto sabes contar?”; o físico Manuel Vicente con “O home apático”; a científica mariña Luisa Martínez con “Entroido Mariño” e o físico Pío González con “Biomateriais”.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Carnota.

Comentarios