Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Axenda Costa da Morte da fin de semana

Axenda Costa da Morte da fin de semana

Cun ollo nas manifestacións do #12M-#15M, a Costa da Morte vive unha nova e intensa fin de semana cultural e festexeira. A Axenda Costa da Morte chega cargada de conferencias, cine, teatro, festas, música e ata regueifas!

O venres temos triple cita cinéfila, en Corme e mais enCarballo, onde ademais poderemos rematar a noite a golpe de concerto. Pero ollo, que en Cee arriva a caravana Vilamor, un filme de produción galega e presencia de actores costeiros que se estrea nos cines de Cee.

O sábado si que será completo en Cee. Comezamos de conferencia en Muxía sobre Faros con Manuel Vilar. De aí podemos achegarnos a Lires coa Xuntanza Folk, ou ben a Cee cunha boa sesión de teatro. Ademais, tamén a noite sabatina terá sesión verbeneira en Ponteceso e unha cita ca música electrónica en Cee.

Para o domingo, ademais da parte máis tradicionais das festas de Lires e de Ponteceso, non podemos perder a tarde regueifeira de Vimianzo.

Máis información

Fonte

Comentarios