Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Axenda da fin de semana de Enterros de Entroido na Costa da Morte

Axenda da fin de semana de Enterros de Entroido na Costa da Morte
Pincha na imaxe para coñecer todas as citas de Entroido en www.axendacostadamorte.com

Vén marcada esta fin de semana polos Entroidos, e máis concretamente polos divertidos Enterros, nos que a ironía faise a protagonista. Mañá coñeceremos a tradición destas celebracións pero polo de pronto imos repasando o que nos queda para estes días.

Xa pasamos por Muros para enterrar ao Facundo, o clásico do sur, e o venres xa temos cita co Caietano en Laxe. Un venres que ademais virá aderezado polo concurso de Pinchos de Corcubión, e que poderemos pechar disfrutando dun molólogo en Cee.

O Sábado de Piñata será o día grande de Entroido en Cee e mais en Baíñas e servirá para dicir adeus a outros senlleiros entroidos. Por exemplo, en Muxía terá lugar o Enterro do Percebe da Barca, que irá acompañado da Ruta dos Pinchos durante o sábado e o domingo. Tamén hai cita co Enterro da Sardiña de Camariñas, con Velorio incluído.

Pero unha das festas máis esperadas do entroido costeiro é, sen dúbidas, a Mikaela de Buño. Centos de mozos de toda a comarca de Bergantiños desprazaranse o sábado á vila malpicá para celebrar o pasarrúas da falla máis fresca de toda a bisbarra.

Outra das citas esperadas, é a IX Motofesta Invernal de Ponteceso, que encherá de ruido a vila de Pondal.

E o domingo Malpica volve ser protagonista co Enterro de Farruco en Seaia e de Faustino na propia capital.

E como non, para rematar a fin de semana, a habitual cita teatreira en Vimianzo, desta volta coa Aula de Teatro da USC e a súa obra de "Agamenón. Volvín do supermercado e deille unha malleira ó meu fillo".


Máis información

Fonte

Comentarios