Axenda da fin de semana de resaca do Entroido na Costa da Morte
Nótase que rematou o Entroido e tras dúas fins de semanas de vertixe, esta recuperamos a tranquilidade. A tranquilidade mal entendida pois tan tranquilamente se pode pasar a fin de semana indo de festa, concertos, charlas... Así e todo, hai unha batería de propostas interesante, que nos brindan un venres de butaca, un sábado de música e un domingo cultureta.
E comezado polo venres con dúas citas interesantes: unha sesión de cine na Capela do Pilar de Corcubión, e un monólogo en Cee.
Para o sábado quédannos citas máis guerrilleiras cun trío de concertos que vertebran a bisbarra a base de boa música, e galega, nestes días ademais onde se vai quentando a Axenda Sonora da Costa da Morte: Concerto en Muros da xente do Castelo Rock, concerto na Praia do Lago de Muxía con Recambios Tucho, e Concerto de Machina en Carballo.
Para o domingo dúas citas máis culturais: homenaxe poética a Rosalía de Castro en Fisterra e a sesión teatreira cada domingo en Vimianzo, desta volta con Acontrabutaca.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).