Mércores. 11.09.2024
El tiempo

Axenda da fin de semana do San Pedro na Costa da Morte

Axenda da fin de semana do San Pedro na Costa da Morte

Non damos abondo coa AxendaCostadaMorte. Cada semana máis e máis eventos, máis e máis festas, e se a pasada tocaba San Xoán, esta toca San Pedro. Pero antes do repaso, coma sempre, o primeiro que facemos é ver como vén o tempo da man dos amigos de 4gotas, que por certo, están de noraboa pola inauguración da app Whatoweather, mesturando metereoloxía e moda. Este é o parte para a fin de semana na Costa, que lamentablemente non será o agardado nesta época do ano:
O venres haberá moitas nubes e malia que abrirán un chisco no mediodía, a media tarde voltarán máis nubes e na noite xa deixarán chuvias. Choverá na madrugada do sábado e ata o amencer.
Co paso da borrasca, o anticiclón irase achegando a Galicia, pero non o dará feito. Quedará vento do noroeste, frouxo con refachos moderados, e achegará moitas nubes á Costa; especialmente ao litoral maís norte (entre Muxía e Malpica) onde predominarán as nubes sábado á tarde e domingo, pegadiños ao litoral entre Fisterra a Muros, abriranse bastantes claros a partir do sábado a tarde, pero as temperaturas non superarán os 22ºC.

E veña San Pedro

Comeza a fin de semana cargada cun venres completo, se ben o San Pedro arrincará o sábado. E arrincamos en Carballo, onde ademais da verbena do San Xoán, teremos un dos primeiros festivais do verán: Rockin’Carballo.
Teremos tamén para a noite do venres a Romaría da Raigañas que continua o sábado coa Fest’Arxa de Cerqueda. Temos tamén un monólogo e un concerto reggae en Cee, e estas si, as Festas de San Pedro da Ponte do Porto, que seguirán o sábado.

Para non perder o San Pedro de Muros, o San Pedro de Corcubión, o San Pedro do Pino do Val, o San Pedro en Berdoias, o San Pedro de Buxantes, o mesmo San Pedro da Ponte do Porto ou o San Pedro de Santa Comba.

O sábado tamén segue o San Xoán carballés, con rock e Habaneras. E teremos outras posibilidades, ademais de ir de troula, como a presentación do libro de Suso Bahamonde en Fisterra, o fantástico concerto dos nenos de La Voz Kids en Carnota, coa participación do liracho Xurxo Trillo, ou, tamén, a Festa da Xuventude de Fisterra.

Non esquezan que o domingo é o día propio do San Pedro, polo que as romarías e as sesión vermú, serán as protagonistas.

Máis información

Fonte

Comentarios