Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Axenda da fin de semana: Máis festas para rematar agosto

Axenda da fin de semana: Máis festas para rematar agosto
Última fin de semana de agosto, e namentres imos quencendo para o plato forte de setembro, que vai ser a Romaría da Barca a vindeira semana, esta fin de semana destacamos varias cousas que facer na Costa da Morte. Para irmos de festa, temos cita na parroquia de O Esto, en Cabana de Bergantiños. Dende hoxe e ata o domingo haberá tempo para comer, coa Festa do Porco ao Espeto, e para bailar, coas orquestras Galilea, Alkar, El Combo Dominicano e Atenas. Máis festas son as que poderemos ver en San Mamede. Atlanta, Alcotán, Ismael e Hiroshima están no menú musical. O domingo a cousa será máis lixeira, cunha andaina popular. Hai más festas en Castromil, coa actuación da orquestra Principal na xornada de hoxe venres. Tamén haberá festas en Baíñas, con sesión de pinchas hoxe venres, e con orquestras na fin de semana. E se queremos algo máis relaxado, podemos achegarnos ata Malpica, cunha noite, a de hoxe, de moita maxia, ou ata Corme, cun pouco de cine.

Máis información

Fonte

Comentarios