Martes. 15.10.2024
El tiempo

Axenda da primeira fin de semana de febreiro na Costa da Morte

Axenda da primeira fin de semana de febreiro na Costa da Morte

Comeza febreiro e tras un mes de parón (pola evidente tranquilidade cultural e festexeiro que sofre a comarca e o país enteiro tralo nadal) volve a Axenda Costa da Morte tremendamente completa. E o fai cun pouco de todo, dende festas, pasando por teatro, concertos... Todo, a unha semana do Entroido, que este ano chega cargadísimo!!

Comezamos hoxe venres coa Presentación dun libro de Plácido Castro na Capela do Pilar Corcubión. Pero rápido nos poñemos o mono de festa e traemos dúas posibilidades: As Festas de San Blas San Tirso de Malpica, que durarán ata o domingo ou as Festas de San Vicente de Duio.

Ademais. a golpe de venres tempos 3 concertazos: un rollo indie en Carballo, un de clásicos, pero divertidos, en Cee, e un gran concerto de rock en Laxe.
As citas musicais complétanse o sábado en Vimianzo cun repaso polos 80 da movida.

E para rematar o domingo ten doble cita, sesión teatreira en Vimanzo con Badius, e Festas de San Blas en Baíñas.

E tamén, para os máis comprometidos, esta fin de semana hai doble roteiro de voluntariazo en clave de limpeza. O sábado 2 de febreiro, o eterno voluntario Sven organiza unha nova limpeza na praia de Quilmas (Carnota). O punto de encontro é a praia de Area Branca ás 16:00. E para o domingo, organiza unha camiñata ao Monte Pindo Parque Natural. O punto de encontro son os Muiños de San Cibrán ás 12:00. Recoméndase levar picnic.


Máis información

Fonte

Comentarios