Xoves. 14.11.2019
El tiempo

Axenda dun San Xoán de herbas, festas, sardiñas e cacharelas

Axenda dun San Xoán de herbas, festas, sardiñas e cacharelas
San Xoan Costa da Morte 2012

Que gusto que o San Xoán sexa en fin de semana... Poderemos disfrutar das cachelas, cacharelas, lumareas, cacholas, chascas, fogueiras... ata altas da madrugada sen presa por lavar a cara coas 7 herbas de San Xoán e ir para traballar.

Pola noite, as sardiñas compartirán protagonismo co lume, pero tamén coa música e coa cultura, pois toda a bisbarra ten estes días citas interesantes.

Axenda de Festas

Axenda Costa da Morte  San Xoan 2012

Haberá de todo estes días. E como non, haberás Festas, o que se di festas (con verbena de toda a vida). Teremos Festas en O Esto (Cabana), en Sardiñeiro, praia Langosteira de Fisterra, en Berdeogas, en Olveira e máis na praia Area da Vila de Camariñas.

pero haberá moitas cousas máis, comezando hoxe mesmo, pola primeira cita da Axenda Sonora da Costa da Morte, o Rockin Praza de Carballo.

Ademais, polo Ézaro prantexan un San Xoán con música en directo pero sen orquestra, e por Cee, na Rúa da Pena hai sardiñada con música da man dos The Gone and Lost.

Non faltarán as citas gastronómicas coa finde asturiana de Muxía, nin as citas culturais, coas senlleiras propostas da Fundación Eduardo Pondal, unha sesión de teatro infantil en Muxía e outra de maiores en Cee, ou a regueifeira Festa D'Arxa de Cerqueda.

E atentos, que o domingo ten unha das citas máis esperadas polo centro da bisbarra: A Carballeira de Baio.

E tamén teremos cita solidaria medioambiental, cunha Xornada de voluntariado no Touriñán, coa intención de facer unha xornada de limpeza no entorno do Cabo muxián.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios