Axenda dunha fin de semana castrexa


Última fin de semana de setembro e continúa completa a Axenda Costa da Morte, espazo patrocinado polo Hotel-Restaurante El Hórreo. Unha axenda marcada esta fin de semana polas Xornadas Castrexas de Vimianzo, que convertirán á vila soneirá na capital da arqueoloxía do país.
As citas culturais son protagonistas esta fin de semana. En Cee a tarde estará adicada aos nenos coa actividade Galego de cine. De seguido realizarase a proxección dunha curta mafiosa con protagonista local, e a noite rematará a golpe de monólogo.
Ademais, tamén teremos festas, como as Festas de San Miguel de Camelle, un santo que tamén se celebra en Muxía, con verbenas de primeira. E atentos coa tremenda aposta gastronómica da Festa da Cervexa "Oktober Fest" de Carballo.
A música tamén será protagonista, en clave de rock co Concerto de Solos en Muros, e en clave clásica coa Concerto da Agrupación Albéniz en Fisterra ou a Presentación do curso da Escola de Música Pepe Valiña en Baio.
Para o domingo, ademais de que non para a festa en Camelle, poderemos ir a Festival Tradicional en Cabana e mais a abrir o programa de teatro de outono de Vimianzo coa obra do Teatro do Morcego protagonizada por Manquiña.
- Axenda Patrocinada polo Hotel-Restaurante El Hórreo: Coñécenos polo Facebook do El Horreo Rte.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).