Axenda festeira do Día da Patria
Non, non é a axenda política. Falamos da axenda festexeira do Día da Patria e da víspera, hoxe martes 24, que xa temos varias festas en marcha.
Como as Festas do Santiago Apóstolo de Ameixenda, ou as Festas do Santiago Apostol de Arcos, Mazaricos.
Tamén estánen festas, e por partida doble, nas parroquias de Vimianzo: festas en Pasarela e Festas en Cereixo, que duran 5 días cada unha...
E para completar a noite de hoxe, imos a Loroño, Zas.
Mañá mércores 25, ademais de todas estas festas, que repiten, teremos unha cita ineludible e ben fermosa para todos os camariñáns: a Festa da Praia de Xaviña.
Se ben o venres traeremos unha nova axenda, cargada de música, o xoves aínda teremos dúas apostas interesantes en Laxe, con un espectáculo de humor na rúa e un concerto de Fados.
Disfrutemos destes días que xa logo chega a fin de semana!
- Axenda Patrocinada polo Hotel-Restaurante El Hórreo: Coñécenos polo Facebook do El Horreo Rte.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).