Venres. 29.03.2024
El tiempo

Axenda para unha completa Semana Santa na Costa da Morte

Axenda para unha completa Semana Santa na Costa da Morte
Axenda Semana Santa na Costa da Morte

Festas, procesións, mostras, exposicións, concertos, gastronomía, e moito máis na Semana Santa 2012 da Costa da Morte. I é que a bisbarra ponse as mellores galas para recibir a milleiros de visitantes, que disfrutarán da mellor axenda cultural estes xoves 5, venres 6, sábado 7 e domingo 8 de abril.

A Mostra do Encaixe de Camariñas será, coma cada ano, unha das citas ineludibles. Desfiles e demostracións exaltarán esta artesanía tan devanceira como actual. Este ano ademais a Mostra vén en clave solidaria, e celebrará o xoves un Encontro de agradecemento aos Voluntarios do Prestige.

A Vila do Cristo, Fisterra, é o outro punto forte de atracción. A Semana Santa fisterrá é soada en toda Galicia e celebrará as procesións e representacións relixiosas tanto ou máis que as propias festas.

Pero hai moito máis, como as citas gastronómicas da Festa do Congro de Muxía ou a Festa da Zorza de Camariñas, no marco, ademais, da Romaría da Virxe do Monte.
Tamén habrá troula nas Festas de Laxe, da man da Noite máxica das orquestras no venres santo, e máis as Festas de San Fins de Cambeda.

Buño terá docble cita, artesanal e gastronómica, coas II Xornadas Gastronómicas do Bacalao e a Mostra de Olería entre o 5 e o 8 de abril.

Tamén haberá citas culturais como a presentación-concerto da revista Thaumazein en Cee, ou os concertos en Fisterra, Mapica ou Carballo.

Así que se queres divertirte e disfrutar ca paixón santa, non o dubides, vén á Costa da Morte.

Poden ollar todas estas actividades en www.axendacostadamorte.com.

Cines A Xunqueira de Cee

Esta fin de semana no Finis Terrae Centro Comercial poderemos ver as seguintes películas:

  • Ira de Titanes 3D - Sala 1 (16:30 18:30 20:40 23:15).
  • Lorax. En busca de la trúfula perdida - Sala 2 (16:30 18:30).
  • El exótico hotel Marigold - Sala 2 (20:40 23:15).
  • Blancanieves (Mirror, Mirror) - Sala 3 (17:45).
  • Titanic 3D - Sala 3 (20:15).

Máis información

Fonte

Comentarios