#AxendaCostadaMorte: Fin de semana de cervexa, cogumelos e teatro


Póñanse a cuberto que vén esta fin de semana de 24, 25 e 26 de outubro algo complicada. Así nola describen os amigos de 4gotas:
O tempo da fin de semana na Costa da Morte seguirá sendo otoñal. Podemos dividir a Costa en dúas partes.
Unha de Muros a Muxía, onde haberá chuvias intermitentes, puntualmente intensas o venres e sábado a primeira hora, sendo moi febles e ocasionais o resto do sábado e o domingo ata a tardiña cando volverán as chuvias. O vento a partir do mediodía do domingo volverá a soplar con moita forza do sur-sudoeste.
A outra ao norte de Muxía. Alí o venres non choverá ata chegar o solpor. Ademais canto máis preto de Malpica veremos máis sol. O sábado non choverá ata a noite que caerá algún chuvasco illado (tamén na madrugada do domingo). Despois o domingo á tardiña tamén chegarán chuvias intensas e tamén desde o mediodía do domingo soplará con moita forza o vento do sudoeste.
E imos xa ca #AxendaCostadaMorte. Son varias as citas singulares que nos permitirán están baixo teito e disfrutar da vida. E destacamos por riba de todas a OktoberFest de Carballo, a gran Festa da Cervexa. A carpa climatizada xa está a pleno rendemento na rúa Perú, e será unha completa fin de semana de cervexa, boa gastronomía galega-alemana e actuacións en directo.
Hai máis protagonistas que a cervexa esta fin de semana, sendo os principais os cogumelos e o teatro. Comezamos cas primeiras, destacando as Xornadas Micolóxicas da Anchoa, en Fisterra; e mais as Xornadas Micolóxicas do EFA Fonteboa, en Coristanco. Dúas boas ocasións, no norte e no sur da bisbarra, para aprender da sabia natureza facendo valer este tempo.
E para disfrutar tamén da natureza, o sábado teremos a 4ª etapa do Camiño dos Faros, que unirá Laxe e Arou.
Natureza si, pero gastronomía tamén, e para iso cómpre achegarse ata Ponteceso, ata a XXIII Feira das Fabas.
Sumerxímonos xa nos auditorios para gozar do rei do outono, o teatro. Comezando, como non podía ser doutro xeito, por Carballo, onde continúa o FIOT. O sábado coas Criaturas do Teatro do Aquí, e mais a emotiva entrega do Xograr de Outono á familia de Xosé Olveira Pico, e o domingo serán a compañía chilena La Mona Ilustre a que peche o festival internacional, referencia en toda Galicia.
Teatro teremos tamén, e con doble sesión, en Muxía, cunha cita para os pequenos e outra para os non tanto. E o domingo poderemos ir a ver teatro infantil a Fisterra, teatro a Estrada no MOT de Laxe, e como non, a cita dominical de Vimianzo desta volta coas Gaivotas Subterráneas, un espectáculo de Talíe Teatro con dous peixes gordos da escena galega.
Volvemos ao venres porque nos quedaban pendentes varias citas: a presentación dun libro histórico en Carnota; a presentación dunha novela en Ponteceso e un monólogo en Cee.
Nesa liña temos o peche do "Mes da Fundación ca charla, recital e concerto de Concha Blanco e Fernando Fraga en Cee.
E aínda deixamos as festas para o final, coa xuventude como protagonista. Tres vilas están de celebración estes días: a Festa da Xuventude de Toba, a Festa da Xuventude de Bustelo e a Festa aprazada de San Miguel de Camelle.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).