#AxendaCostadaMorte: Teatro, festas e música para disfrutar do bo tempo


Segunda fin de semana de outubro e seguimos en clave de sol. Lorenzo estará con nós alomenos ata o domingo, polo que toca disfrutar do bo tempo.
E comezamos o repaso a golpe de teatro, i é que co Festival de Teatro de Outono de Carballo FIOT en marcha, xa temos a axenda completa. O venres comezan as sesións de sala con Kulunka Teatro e ademais haberá un monólogo e un microcabaret polos bares
. O sábado unha cita en sala, con Chévere, e dúas nos bares con Cayetano Lledó e Xosé Touriñán, e o domingo sesión de sala con teatro catalán. Aí é nada, 7 propostas de primeiro nivel para estes 3 días.
O venres temos máis cousas, como un completo día de maxia en Dumbría, un monólogo en Cee, ou un Festival popeiro e mais concerto en Carballo.
Teremos aínda espazo para as festas esta fin de semana, coa se Festa da Pilarica da Trabe-Tella, en Ponteceso, as Festas da Pilarica de Suxo, en Muxía; e mais as Festas do Cristo do Pindo, Quilmas e A Curra, en Carnota.
E para as Festas gastronómicas, coa novidade da I Festa da Troita de Calo-Pasarela, en Vimianzo.
Temos estes días tamén actividade arredor do Campionato Internacional de Xadrez Entre Faros, cunha interesante charla con Josefina Ling en Muxía. Na Fundación Fernando Blanco toca conferencia de Xosé Neira Vilas. E a librería Ler de Cee acolle a presentación do libro sobre viño do noso amigo José Luís Louzán.
O sábado será o día de andar, no marco da 3ª etapa do Camiño dos Faros, entre Ponteceso e Laxe, con charlas polo camiño do ornitólogo Rabuñal Patiño e do arqueólogo Lito Eiroa.
Haberá tamén tres sesións para os nenos: doble xornada de teatro infantil en Corcubión con "Dous pallasos en apuros" e unha de monicreques en Fisterra.
A noite do sábado será en clave de música, con concertazo no Pub A Ventana de Laxe, e a esperadísima estrea na casa do novo disco de Leö KCH en Cee.
Para o domingo, e como xa se torna habitual, cita dominical teatreira en Vimianzo.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).