Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Cheira a Teatro de Outono en Carballo

Cheira a Teatro de Outono en Carballo
FIOT 2013 Carballo

Temos que traer aquí e á #AxendaCostadaMorte pola calidade do programa. O 22º Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo comeza a andar. O vindeiro venres 11 de outubo arrinca pero dende este xoves xa teremos varias actividades polas salas da capital bergantiñá.

Ademais, a resposta, coma sempre, está sendo espectacular. Os minibonos B levan agotados uns días e as entradas tamén se están vendendo a moi bo ritmo. Cómpre apurarse se queredes disfrutar do mellor teatro!

Xa é o FIOT un dos mellores festivais de teatro de Galicia, e así o corrobora a presencia de nomes como propios como Juan Diego Botto, Malena Alterio, Alfonso Lara ou Gloria Muñoz no escenario carballés.

A organización do festival, a Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo, prantexa un intenso e variado programa que se prolongará do 3 ao 31 de outubro. As tres ofertas máis importantes do FIOT, o Programa de Sala, o Ciclo Otni e a Rúa dos Contos, seguen conformando a estructura central neste 2013 cun total de 26 espectáculos.

Ademais terá o seu espazo para creación co do Ciclo Otni dedicado ao teatro contemporáneo; o seu punto para os nenos coa XV Rúa dos Contos no novedoso espazo do segundo andar do Mercado de Abastos; e diferentes actividades paralelas como o Campamento nocturno.

Arrinca a escola de Teatro de Laxe

E paralelamente o Departamento de Cultura do Concello de Laxe informa que dende o 30 de setembro, está aberto o prazo para tramitar as inscricións na Escola de Teatro Municipal e que así o fará ata o 15 de outubro.
A data para o inicio das clases con unha sesión de presentación do curso por parte do profesor da escola, Afonso García, terá lugar o venres 18 de outubro ás 19:00 horas no salón de actos municipal, á que poderán acudir todas as persoas inscritas na escola, así coma pais/nais ou titores no caso do alumnado menor de idade.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios