Carballo fomenta o uso do galego nos medios cos Premios de Artigos Xornalísticos
Un ano máis, o diario QPC colabora co Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Carballo para divulgar o seu XI Premio a artigos xornalístico nomarlizadores. Un premio que pretende incentivar a reflexión sobre a situación do galego e crear espazos nos medios para fomentar o uso e prestixio do noso maior ben colectivo, a lingua galega. Algo que vai no adn deste diario, que forma parte da Asociación de Medios en Galego.
Así, calquera persoa que queira e teña algo que dicir con respecto á lingua pode presentarse a este certame. Para iso debe escribir un artigo de entre 1.800 e 3.300 caracteres con espazos incluídos e entregalo ou envialo ao Pazo da Cultura de Carballo ata o 14 de abril de 2016. Nese artigo pode falar sobre a situación sociolingüística do noso país, o fomento da lingua galega, o seu estatus, o argumentario a prol do uso do galego, a lexislación e os dereitos lingüísticos, experiencias sociolingüísticas concretas, propostas para o impulso do uso e prestixio social do galego, experiencias útiles ou favorables para a dinamización da lingua, política lingüística en xeral ou nalgún ámbito ou situación determinada, etc.
Outorgarase un premio económico ao artigo gañador, dotado con 1.000 euros, ademais da difusión nos diversos medios de comunicación colaboradores coa iniciativa: Diario de Bergantiños, El Correo Gallego, Galicia Confidencial, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Praza Pública, Que pasa na Costa, Sermos Galiza e Tempos Novos.
En edicións anteriores foron premiados/as autores/as como Xurxo Carballido, Olga Patiño, Ana Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera, Séchu Sende, Kiko Novoa, Xesús Fraga, Pilar García Negro, Marica Campo, Marcos Abalde, Carlos Callón, Mariña Pérez Rei, José Casás ou Luz Cures. Todos os artigos premiados tiveron unha gran repercusión, xa que foron publicados e difundidos por todos os medios colaboradores cada ano.
Máis información e inscrición
As bases completas poden consultarse no sitio web do Concello de Carballo (www.carballo.gal). Tamén se pode obter máis información no Servizo de Normalización Lingüística, no teléfono 981 704 304 ou no enderezo electrónico [email protected].Novas relacionadas
- “Os medios en galego estamos moi ben posicionados pensando no futuro”.
- Premio 2015: A carballesa Luz Cures leva o Premio xornalístico de lingua da casa.
- Premio 2014: Os Exemplos, artigo gañador do X Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2014.
- Premio 2013: O “sotaque” de Aurelia, artigo gañador do certame normalizador de Carballo.
- Premio 2012: Carlos Callón: Fai teu o galego!.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Carballo.