Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Carballo needs FIOT

Carballo needs FIOT
Circk About it no FIOT Carballo 2017 Cirk About it abriron o FIOT Carballo 2017 Circk about it no FIOT Circk about it no FIOT

Arrincou esta fin de semana un novo FIOT. A 26 Edición do Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo chega cun lema claro: #All you need is FIOT, dando conta do bombeo cultural que supón este corazón de arte á comarca organizada Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo.

O programa que durará ata o 28 de outubro, componse de 34 obras, 3 coproducións, 7 estreas absolutas e 7 estreas en Galicia nas modalidades de programación de sala, Ciclo OTNI, Rúas dos Contos, Microteatro e O Fiotiño para o público infantil. Isto compleméntase con diversas actividades paralelas.

A primeira fin de semana tivo de todo, cun gran acollida de público. Triunfou. como non podía ser doutro xeito, o encontro entre dous dos contadores máis senelleiros do Mediterráneo e do Atlántico. Abríu a edición dominical, no 2º Andar do Mercado, Félix Albo. O valencián tirou de humor negro co seu “Tanatorium”, facendo bailar á vida, a morte e ao humor. Pechou a noite o eterno contador galego, Quico Cadaval, con eses fantasmas familiares que sempre nos aparecen nos nosos sonos. Un par de citas oníricas ca morte que fixeron as delicias de todos os espectadores.

Pero antes, o venres, foi o circo o que abriu o festival cos leoneses El Apartamento. A Praza do Concello ateigouse para ver “Cirk about it”, unha marea de acrobacias, saltos, equilibrios cheos de risas. Ademais, esa mesma noite, comezou o ciclo Rúa dos Contos no Colón, co monólogo de Guti. Se cadra a do sábado tivo máis espectación, cos monólogos de dúas propostas tan dispares como coñecidas. Paula Carballeira abriu a noite sabatina na Bombonera coas súas historias, e foi o “coruño” David Perdomo o que pechou a noite no Mesón do Pulpo.

Houbo tempo ademais o sábado para estrear tamén o Ciclo OTNI (Obxecto Teatral Non Identificado) con El Pont FLotant.

Paula Carballeira e David Perdomo na Rua dos Contos do FIOT Carballo 2017

Moito máis programa

Queda máis dun mes de programación. O programa de Sala arrica de feito este venres 29, co Titzina Teatro, pero xa poden ir reservando as entradas. Un dos espectáculos máis esperados será “Incendios”, no que interpreta Nuria Espert, a gran dama do teatro español e Premio Princesa de Asturias, que chegará a Carballo o 15 de outubro.

A presenza internacional está representada por compañías e artistas procedentes de Reino Unido, Bélxica e Portugal.

Tomen nota do programa completo en fiot.gal.

Novas do FIOT

Fonte

Comentarios