Carballo pon a máscara
Menudo entroido o de Carballo. A capital bergantiñá transfórmase en máscara para preparar un cartel do entroido 2014 completísimo.
O programa repite citas xa tradicionais, como son o Concurso e Desfile de disfraces, comparsas e carrozas do domingo 2 de marzo; e o tradicional Enterro da Sardiña, o Martes de Entroido (día 4), unha actividade que vai gañando seguidores e que na última edición contou cun cortexo fúnebre de arredor de 200 veciños e veciñas.
Este ano, os presentadores do Concurso de Disfraces serán a coñecida actriz carballesa Alba Bermúdez e o seu compañeiro en Triatreros, Tone Martínez.
Destacable tamén é o Concurso de Disfraces no Entroido da Sardiña, que conta con 7.000€ en premios, e que se celebrará o domingo 2 de marzo ás 18:00h na praza do Concello, ou no Pavillón Bergantiños se chove. Concurso para o que xa se poden inscribir ata o 2 de marzo.
E cómpre destacar a colaboración das asociacións e entidades dos distintos barrios e parroquias para construír o programa do Entroido. Así, haberá baile de disfraces e festexos propios en Oza, Berdillo, Sísamo, Rus, Sofán, Razo, Cances e Ardaña.
Entroidos na Costa da Morte
- Volverán as míticas comparsas ao Entroido de Corcubión?.
- Cee prepara un Entroido de Comparsas e Carrozas.
- 15 asociacións montan un mes de Antroido de Malpica.
- O Rei do entroido da Costa da Morte xa ten 5 comparsas e pregoeiro.
- Zas e Mazaricos preparan o seu Entroido.
- #DumbríaéEntroido.
- Os Pinchos e o Enterro do Percebe volven protagonizar o Entroido de Muxía.
- Vimianzo recupera o seu entroido dominical.
- Laxe e Cabana xa preparan o seu Entroido veciñal.
- O Pindo terá un Entroido de Western.
- Un Entroido para unir e divertir en Cerqueda.
- O Entroido de Fisterra 2014 xa ten cartel.