![primavera-endanza]()
O pazo da Cultura de Carballo acolle esta fin de semana os espectáculos "Ensaio de amor" e "Emoticores"
Esta fin de semana ábrese en Carballo a
15ª edición da Primavera en Danza con dous espectáculos. O primeiro deles será o venres, día 21, ás 21 horas con
"Ensaio de amor" da compañía galega de Nuria Sotelo. A música, a plasticidade dos corpos, a danza e as palabras abordarán o mundo feminino e a complicidade dunha nai coa súa filla. As protagonistas do espectáculo serán catro mulleres (dúas bailarinas, unha bebé e unha violencellista) que ser farán preguntas sobre sí mesmas como mulleres e sobre aquelo que fan con amor e por amor cuestionándose o seu papel de coidadoras, nais e amantes.
O ciclo continúa o domingo, ás 18 horas, con
"Emoticores"; un espectáculo para gozar en familia con nenos e nenas maiores de 8 anos. Éste é un espectáculo de danza no que se traballan as emocións a través das formas, as cores, o son e o movemento, co obxectivo de axudar á contorna familiar dos nenos e nenas e a relacionar as emocións con aquelo que as provoca.
Todas as funcións son no Pazo da Cultura e o custe das entradas é entre 3 e 4 euros. As entradas despacharanse na billeteria do Pazo unha hora e media antes de cada función e tamén se poderán reservar no número de teléfono 981 704 300 ou na concellería de Cultura. Aplicaranse os descontos habituais aos maiores de 60 anos e aos menores de 12 e a mozos con carné de estudante.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Carballo