Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carballo segue loitando contra o feísmo na cuarta edición pioneiro Rexenera Fest

Carballo segue loitando contra o feísmo na cuarta edición pioneiro Rexenera Fest
  Un dos murais recuperados en Carballo co Rexenera Fest Un dos edificios rescatado do pozo do feísmo con este mural no marco do Rexenera Fest Volve Carballo convetirse no centro nacional de arte na rúa, co IV Rexenera Fest, o festival de arte pública. Do mércores 23 de maio ao domingo 3 de xuño volveremos ver grandes guindastres polas rúas que non servirán para rematar obras de construción, se non para facer auténticas obras de arte. Serán 10 días nos que 5 artistas (Bosoletti, Lula Goce, Doa, Daniel Muñoz SAN e Milu Correch) actuarán en cinco muros, para cambiarlle a cara a esta vila gravemente afectada polo feísmo urbanístico dos anos 60-70-80. Son o mellor da escena galega, estatal e internacional do mundo da arte urbana, que traen ademais unha serie de interesantes master classes, conferencias, un roteiro e un concerto-festa de peche.

Iniciativa pioneira, rehabilitadora e promocional

O festival, pioneiro falando en termos de ser por iniciativa municipal, serve como unha xanela de Carballo aberta ao mundo, que sitúa no mapa a vila a través das súas rúas e favorece un turismo cultural diferente na zona urbana do concello. Faino a base de rehabilitar espazos contra o feísmo urbanístico, rexenerando espazos deteriorados, achegando valor engadido á paisaxe urbanística, dinamizando o tránsito peonil e expandindo os espazos de lecer nas zonas nas que se está a intervir. rexenera fest carballo 2018-programa

Actividades paralelas

Haberá varias master classes: - Manexo do aerosol con Spok (29 e 30 maio). - Entender a Arte Urbana con Javier Abarca (31 maio e 1 xuño). - Serie de microconferencias (2 de xuño) sobre "Cooperativismo e Muralismo" con Cestola na Cachola; "Conservación da arte urbana" co Proxecto CAPuS; "Reforestando" con Doa; "Da arte urbana aos murais. Qué perdemos?" con Javier Abarca. O mesmo 2 de xuño, como peche haberá unha sesión de música en directo con Cró!, The Fabulous Resaca Brothers (Blues Canalla); Mr. Fishman. E para rematar o Festival, nada mellor que asistir ao Roteiro guiado do 3 de xuño, polos diferentes murais desta edición e das tres anteriores. A saída será do Forum ás 17:00h, e é de balde. Tamén tendes máis información en www.rexenerafest.gal   https://quepasanacosta.gal/rexerenando-carballo-a-base-de-cor/ https://quepasanacosta.gal/dialogo-interxeracional-entre-os-muros-do-nordes-da-lonxa-de-muxia/ https://quepasanacosta.gal/as-pintadas-carballesas-seguen-derrubando-muros/ https://quepasanacosta.gal/graffitis-que-se-convirten-en-libros/

Comentarios