Martes. 08.10.2024
El tiempo

Case 100 fotos participaron no concurso vitamínico de "Móllate polo galego"

Case 100 fotos participaron no concurso vitamínico de "Móllate polo galego"
Algunhas das imaxes que participaron no certame Mollate polo galego

Segue en marcha a campaña Vitaminas para o galego, da que este xornal é parte contratante. E neste axetreado verán a campaña centrou esforzos na comarca do Barbanza gracias ao traballo do xornal curmán Certo. E o fixo cun novedoso certame de fotografía, baixo o título de "Móllate polo galego", o lema estival que escolleu Vitaminas para seguir espallando a necesidade da presencia da lingua galega nos medios de comunicación.

E o certame tivo grande acollida. Case 100 imaxes chegaron a través do Facebook de Vitaminas para o galego. Todas coa lingua como protagonistas, e moitas, coa camisola que o Concello de Rianxo regalou nunha xornada de confraternización coa lingua.
Entre elas hai auténticas xoias, ben polo motivo escollido, ben polo esforzo creativo que supuxeron. Ao ser unha campaña patrocinada polo Concello de Rianxo, boa parte das fotos escolleron como motivo esta vila, significada en toda Galicia por escritores e intelectuais senlleiros como Manuel Antonio, Castelao ou Rafael Dieste, así como pola aposta continua do seu pobo pola lingua propia de Galicia.

Premiadas

O autor da imaxe do primeiro premio é Víctor Ramón Piñeiro Tubío, que poderá desfrutar dunha noite de aloxamento en "A Pousadoira" (Callobre, Miño) durante este mes de outubro.

O segundo premio corresponde a unha imaxe con dous nenos do colexio Brea Segade que se enfundaron nunha camisola de "Móllate polo galego", e recibirán unha tablet doada pola academia de informática Castelao.

Segundo premio do concurso Mollate polo galego

O terceiro premio vai para a imaxe dos azulexos nos que se le "Villa de Rianjo. Partido de Padrón. Provincia de La Coruña" cunha camisola de "Móllate polo galego" como contraste nunha percha. Os gañadores terán poción a unha cea para dúas persoas no restaurante O Furancho de Rianxo, situado Tras da Igrexa.

Galería de fotos do "Móllate polo galego"

QUEN IMPULSA VITAMINAS?

A plataforma Vitaminas para o Galego está artellada polos medios de comunicación: Galicia Confidencial, Tempos Novos, Radiofusión, Praza Pública, Novas da Galiza, Val Miñor.info e Quepasanacosta. Medios colaboradores: Certo xornal dixital de Barbanza e Noia, Osil.info de Valdeorras, Crónica3 da Mariña Lucense, Radio Nordés (Cadena Ser Costa da Morte), Terra Chá.Xa, Crónicas da Comarca (Arzúa – Melide), a revista de surf SurfGZ, Cadernos de Comunicación e Análise; O periódico de Lalín e Comarca; Hermes e Atenea, xornal en galego de deporte e cultura; Disquecool, o medio de tendencias made in Galicia; O xornal De Luns a Venres; Cabozo, a rede social galega; a rede de blogues Vencello; Cartafol, a revista multimedia para Ipad; A Nova Peneira ,o programa radiofónico Plástico Elástico, Revista Kubus, Compas da Costa, Ábrete de Orellas, Televinte Chantada e Fervenzas Literarias.

Máis información


Novas relacionadas

Fonte

Comentarios