Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Cee aposta polo teatro

Cee aposta polo teatro

Presenta o Concello de Cee o seu programa cultural para o 1º semestre do ano 2011. Un programa artellado dende a Concellería de Educación, Cultura e Xuventude do Concello de Cee, dirixida por María Junquera Cambeiro e coordinada polo técnico cultural Víctor Castiñeira. O Teatro será un dos protagonistas, xa que volverá ser o centro do programa dos "Sábados Culturais". Un programa constante que fideliza ao espectador e que mantén unha relación directa co veciño.

A primeira obra será este mesmo sábado 5 de febreiro, coa obra destinada ao público infantil do grupo Tres Globos "Pedro e o lobo". A sesión será o sábado 5 Febreiro, ás 19.00 horas no Salón de Actos do Concello.

Ademais, xa vimos que están en marcha o Certame poético pola muller e o VIII Concurso de Pintura. Pero o Entroido e o XX Concurso de Achegamento ao libro terán tamén o seu espazo.

Sábados culturais

Esta programación consta dun total de 12 espectáculos: 5 de teatro infantil, 6 de teatro para público familiar e 1 concerto da banda de música de Cee, o día das Letras Galegas, onde terán un recordo para a obra do poeta monfortino, Lois Pereiro.

8 espectáculos forman parte da programación da rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia (Agadic: Axencia Galega das Industrias Culturais- Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia) e os restantes forman parte da programación do Concello.

Entroido

Celebrarase o sábado 5 de marzo, a mañá estará adicada ós máis cativos cunha gran festa infantil con obradoiros acompañados de animación musical con agasallos para todos os nenos participantes. E logo, pola tarde (ás 17 horas), teremos o concurso de comparsas para adultos. o prazo de inscrición das comparsas é do 17 de febreiro ata ó 2 de marzo.

O 1º Premio á mellor comparsa será de 800€; o 2º de 675€; o 3º premio de 575€ e ata un máximo de 3 accésits de 250€. Ademais haberá un premio a parellas ou individual de 60€ para facer un total de 2.860€.

XX Concurso de Achegamento ao libro

Chega este ano a súa vixésima edición, co fin de fomentar o gusto pola lectura entre os escolares de Cee e concellos limítrofes. Repartirá preto de 420 euros en vales para compra de material educativo, así como un importante número de accésits formados por libros e diverso material lúdico. A entrega de premios terá lugar no Salón de Actos do Concello o vindeiro 16 de maio.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Cee.

Comentarios