Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Cee vivirá unha nova acción contra a lei do aborto

Cee vivirá unha nova acción contra a lei do aborto
A Accion expansiva de Galiza Nova contra a lei do aborto chega a Cee

Segue sendo a nova "lei de Gallardón" que repenaliza o aborto, un tema candente en todo o Estado. A Costa da Morte non é allea á problemática, e xa levamos visto varias accións de protesta. A propia Asemblea de Mulleres de Galiza Nova Costa da Morte xa realizou unha rolda de prensa, e tamén temos asistido a a href="/articulo/costa-da-morte/as-mulleres-da-costa-da-morte-volven-expresar-o-seu-dereito-a-decidir/20130617074105073097.html">varias manifestacións polo dereito a decidir.

A seguinte acción pública e reivindicativa terá lugar este sábado 8 de febreiro, ás 12:00h diante da Oficina de Correos de Cee, en fronte da estación de autobuses. Ao tempo que outros 13 actos simbólicos ao longo do país, a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova realizará unha acción expansiva, para enviarlles un correo de atención a Feijoo e Gallardón. Unha acción baixo o lema “Insubmisas e rebeldes na defensa do dereito ao aborto”.

Un aviso por Correo

Xunto a estas denuncias, envíaselles utensilios que as mulleres teñen empregado para abortar poñendo a súa vida en risco e moitas morrendo en tempos nos que abortar era ilegal: agullas de calceta, pirixel... xunto a uns rosarios polo papel protagonista da Igrexa no ataque contra as mulleres. “Non queremos que este drama polo que pasaron as nosas nais, avoas... volva á realidade” afirma a bergantiñana, Lucía Veciño, responsábel nacional da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova. Ademais, tamén se lles enviará a estes mandatarios un billete a Londres simbolizando o desprazamento a outros países para abortar ao non permitirse facelo no estado español.
Lucía Veciño afirma que “todo o noso esforzo está destinado a que a contrarreforma do aborto non vexa nunca a luz”, e que “ante un recorte de dereitos sen precedentes, hai alternativa: a mobilización e a reivindicación”.

Paula Nemiña e Antía Insua, Responsables Comarcais da Asemblea de Mulleres e Galiza Nova, afirma que “ante un ataque aos dereitos das mulleres sen precedentes, hai alternativa: a mobilización a reivindicación”. Valoran que "hoxe temos en Galiza moitos hospitais nos que non podemos exercer este dereito, como é o caso da Coruña ou Ourense. Ademais Feijóo está a recortar en planificación familiar, prazas de xinecoloxía e en servizos de atención á saúde sexual e reprodutiva das mulleres, así como no desmantelamento dos Centros Quérote e na batería de medidas que se implantaron desde o inicio da lexislatura coa chamada Lei de Familia e a financiación a organizacións antiabortistas como Red Madre”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da man de Antía Insua, Responsábel Comarcal de Galiza Nova Costa da Morte.

Comentarios