Martes. 15.10.2024
El tiempo

Chega unha nova #AxendaCostadaMorte cargada de actividades

Chega unha nova #AxendaCostadaMorte cargada de actividades
Chega unha nova fin de semana cargada de plans para toda familia. Festas, cine, feiras,... son algunhas das principais citas destes tres días da axenda de ocio da Costa da Morte que virán acompañados, segundo indica o parte costeiro de Meteogalicia, dun tempo agradable para as actividades ao aire libre.

Meteogalicia

Durante a fin de semana predominará en toda a Costa da Morte un tempo similiar ao dos días pasados; é dicir, alternancia de nubes e claros e ceos parcialmente anubrados. Cabe a posibilidade que durante estes días, principalmente o domingo, poda rexistrarse algunha choiva previsiblemente na primeira metade do día. As temperaturas oscilarán entre os 20 e 24 grados e o domingo descenderán. O estado do mar será moi tranquilo durante esta fin de semana, ainda que hoxe haberá por momentos ventos fortes do nordés de forza 4 a 6. As ondas estarán ao redor dun metro de altura.

Festas

  • Corcoesto. En Corcoesto celebran hoxe as festas na honra á santa Margarida de Baneira. Ademais dos actos litúrxicos haberá sesión vermú e verbena co grupo Samba.
  • Camariñas. Dende mañá sábado e ata o mércores, Camariñas celebra as súas festas do Carme cun cartel cargado de música no que teñen cabida orquestas como a Paris de Noia e o Combo Dominicano e no que non falta a procesión marítima do luns.
  • Zas. Este domingo arrancan en Zas as festas do Carme cunha véspereas que correrán a cargo da orquesta D'Moda. A festa continúa o luns e o marte.
  • Sísamo. Este domingo, en Sísamo (Carballo) celebran as festas do Carmen cunha sesión vermú e unha verbena a cargo da orquesta Abanico.
  • Muros. As festas do Carme de Muros comezan este domingo para continuar luns e martes. Ademais das sesións vermús e verbena, o domingo hai regata, o luns será a tradicional procesión marítima (ás 19:00) e fogos artificiais (ás 00:00h ca Panorama), e o martes unha emotiva homenaxe aos xubilados e xubiladas do mar.
 

Outras citas

  • Verán Cultural en Carballo. "Magín Blanco e a banda das apertas" traen esta noite o seu espectáculo á praza do Concello de Carballo. A cita é ás 21:00 horas.
  • Noites na Vila. A Traski Band abre esta noite, ás 22:30 horas na praza Anselmo Villar Amigo o programa Noites na Vila posto en marcha polo concello de Malpica.
  • Arte e Vermú na Casa das Pepitas. A Casa das Peritas, obradoiro da artista Natasha Lelenco na aldea de Mallas, en Fisterra, abre hoxe novamente as súas portas como ocasional galería de arte. Faino cunha exposición que poderá visitarse os venres, sábados e domingos entre as 12:00 e as 14:00 horas.
  • Charla sobre Patrimonio en Cee. A Plataforma en Defensa do Castelo de Ameixenda organiza unha charla informativa sobre o Rico Patrimonio da Costa da Morte con Xosé María Lema Suárez e Víctor Castiñeira. A cita é hoxe ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Cee.
  • Títeres en Muxía. A praza Cabo da Vila de Muxía acolle hoxe a partir das 20:30 horas o espectáculo de Títeres Alakrán.
  • Festival das Carrilanas en Esteiro. Herdeiros da Crus encabezan o cartel fo festival das Carrilanas de Esteiro, acompañados con Ruxe-Ruxe, De Vacas e a banda local, Maestro. A cita é mañá á noite e a entrada é de balde.
  • Iluminación Fervenza Ézaro e cine ao aire libre. A Fervenza do Ézaro volverá a iluminarse mañá á noite enchendo de cores e maxia un dos puntos turísticos da Costa da Morte máis visitados. Tamén o sábado, ás 22:30 horas, proxectarase no paseo marítimo do Ézaro a película Vaiana.
  • Xumagra. O sábado e o domingo, o Multiusos de A Picota (Mazaricos) acolle a Feira de maquinaria agrícola e gandeira e un mercado de ocasión que trae consigo máis actividades paralelas.
  • XXVI festa do Percebe do Roncudo. Este sábado, Corme vive unha das festas máis agardadas do ano; "O Percebe". A degustación deste marisco comeza ás 14:00 horas, unha vez rematado o pregón do que nesta 26ª edición se encargará Isabel Blanco.
  • Concerto africano en Mazaricos. A coral Saint Luc Banabakintu acturará este sábado, ás 22:00 horas, na casa da Picota. A entrada é de balde e a cita está organizada pola ONG Égueire.

Visitas teatralizadas

  • Castelo de Vimianzo. Todos os domingos de xullo e agosto, o Castelo de Vimianzo oferta unha visita guiada teatralizada da men de Os Quinquilláns. Hai dous pases; un ás 13:00 horas e outro ás 17:00 horas. Esta é unha actividade gratuita e dirixida a todos os públicos.
  • Dolmen de Dombate. Todos os sábados de xullo e agosto, os visitantes do Dolmen de Dombate que o fagan ás 18:00 e ás 19:30 horas poderán asistir a unha amena e divertida lección de historia e antropoloxía ao redor de Dombate a través dunha visita teatralizada guiada por Os Quinquilláns. A entrada é de balde e está dirixida a todos os públicos.
  • Torres do Allo. Os domingos de xullo e agosto, os antigos habitantes do pazo dasTorres do Allo cobran vida coa visita teatralizada que se ofrece de forma gratuita ás 19:30 horas. A ela pode asistir todo tipo de público e a entrad é gratuíta.

Exposicións

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre todos os días durante os meses de verán (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
  • sala de exposicións da Casa da Xuventude de Carballo acolle ata o 31 de xullo “O Bululú”; unha exposición de Miolos.
  • Faro Vilán en Camariñas. Ata o 31 de agosto, as instalacións do faro Vilán abren de 11:00 a 21:00 horas de luns a domingo. A entrada é de balde.

Máis información

Fonte

Comentarios