Luns. 09.09.2024
El tiempo

Concellos e asociacións xa poden solicitar os máis de 2.000 espectáculos inscritos na Rede Cultural da Deputación

Concellos e asociacións xa poden solicitar os máis de 2.000 espectáculos inscritos na Rede Cultural da Deputación
Rede Cultural da Deputacion Coruna

Abriuse o prazo dunha das convocatorias máis importantes do ano a nivel cultural. Desde o 22 de abril até as 14:00 do 12 de maio, concellos e asociacións poderán solicitar actuacións de grupos e compañías inscritas nos circuitos culturais promovidos pola área de Cultura da Deputación da Coruña. (BOP Número 75 do 21 de abril de 2016)

Máis de dous mil espectáculos concorreron á convocatoria para participar na nova edición da Rede Cultural da Deputación que incrementaron o seu orzamento nun 30% con respecto á edición anterior cun total de 1.400.000 €. En total presentáronse 550 entidades, empresas e compañías para participar nos circuitos culturais que se desenvolven a través do territorio provincial.

Para a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, a Rede Cultural é “unha posibilidade, en especial para pequenos e medianos concellos, para programar e achegar a cultura ao vivo a toda a poboación e tamén unha oportunidade de contratación para un dinámico sector cultural que precisa posibilidade de achegar os seus espectáculos ao público”.

A incorporación do cinema a actividades como música, artes escénicas, títeres e danza é unha das novidades desta edición dunha Rede Cultural que valorou tamén por vez primeira a promoción da lingua galega e o fomento da igualdade de xénero nos espectáculos ofertados.

Fonte

  • Deputación da Coruña.

Comentarios