Venres. 19.04.2024
El tiempo

Coñecendo a Abe Rábade

Coñecendo a Abe Rábade

Vaia luxo contar con Abe Rábade na Costa da Morte. E vaia luxo telo non só para que toque o seu piano, senón para falar. De feito, Abe Rábade, un dos grandes do jazz galego contemporáneo a pesar da súa mocidade, falou máis que tocou. E falou para os "non músicos" pois foi precisamente esa posibilidade de falar de cara a cara con "non músicos" o que lle fixo aceptar este reto.

Falou de música, comezando pola súa orixe. "A música está dentro de nós, e así comezou, con base na percusión e petando sobre o propio corpo".
Moi interesante a proposta de Abe de facernos pensar e opinar aos non entendidos. De feito, as impresións do público máis básicas, como uns "vai e ben" ou "sube e baixa", foron as aportacións que máis agradeceu, xusto cando intentaba facernos sentir emocións a través da música.

A sesión seguíu polo ritmo 3 por 4 dos hindúes.Todo para rematar concluíndo que "a música tende sempre cara a universalidade", mentres na sala de enfronte do Concello de Cee celebrábase un pleno... A cultura do espectáculo por partida doble...

Sen máis, deixámosvos cun dos seus momentos ao piano.

Moito máis que Abe

Pero a fin de semana foi moito máis que Abe. Podemos salientar as interesantísmas aportacións de Joaquín Riera, que nos trasladou na súa Discoteca Transferible a visión que ten da música, e de como funciona ese medio que nos serve para acceder á música: a recollida do son, as súas características físicas, as nosas posibilidades auditivas, etc.

En canto a Anxo Rabuñal, fixo unha minuciosa investigación acerca de como a partitura se foi transformando co tempo de ser unhas meras indicacións para o intérprete (Bach, por exemplo) a convertirse nun intento de representar todo o sonoro na súa totalidade (algo imposible) a como, nos últimos tempos, moitos músicos pasan a tranformarse en pintores ou creadores plásticos ao propor partituras que ben poderían ser cuadros, como podería ser J. Cage.

É dicir, que a fin de semana tratou toda a problemática de trasladar o sonoro ó gráfico e os seus avatares históricos ata o presente no que as fronteiras entre música e debuxo se "desdebuxan", valga a redundancia.

Houbo tempo para a parte lúdica, por suposto, e a jam session do sábado, estivo eclipsada pola voz de Cora Yap-Chine, que estivo acompañada polo piano de Pablo Seoane. Sinxelamente maxistral.

Máis información

Toda a información relativa ó programa, aos prazos de matrícula, aos custos e mesmo ao aloxamento, poden atoparse na web:

Novas sobre os III Seminarios de Fisolofía da Costa da Morte

Novas relacionadas

Artigos de Javier Turnes en "A Escarpadura"

Outras novas

Fonte

Comentarios