Venres. 26.04.2024
El tiempo

O corcubionés Miguel Vázquez Freire elixido Socio de Honra de GÁLIX 2021

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Miguel Vázquez Freire é profesor, escritor e crítico literario. Imaxe de arquivo da Xunta de Galicia
O corcubionés Miguel Vázquez Freire elixido Socio de Honra de GÁLIX 2021

Miguel Vázquez Freire (Corcubión, 1951) recibirá mañá o galardón de Socio de Honra da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil - GÁLIX 2021 nun acto aberto ao público que terá lugar ás 18:30 horas na Biblioteca Afundación de Santiago de Compostela. O editor Manuel Bragado, socio de GÁLIX, realizará correspondente a laudatio, e o presidente de GÁLIX, Xosé Antonio Perozo, fará entrega da escultura que acredita o seu nomeamento, deseño da artista Noemí López.

Profesor, escritor, tradutor e crítico literario é o autor de varias obras, entre elas  Proxecto Pomba DouradaAnxos en tempos de chuvia ou O moucho voa (Filosofía en 25 conversas), os ensaios De Carapuchiña ao señor Lamote ou Ilustradores galegos para nenos e traducións como O discurso do método de Descartes ou Arredor da verdade, de Guillermo Domínguez. Tamén foi director da revista Golfiño, codirector da colección Merlín de Edicións Xerais e promotor da asociación de renovación pedagóxica Nova Escola Galega. Colaborou como crítico e comentarista en diversas publicacións como a Revista Galega de EducaciónCuadernos de Pedagogía, CLIJ, El Urogallo..., e nas páxinas culturais de La Voz de Galicia e Faro de Vigo. Ademais, Vázquez Freire é socio fundador de GÁLIX, onde tamén ocupou diversos cargos na súa xunta directiva.

Este galardón, que recibirá grazas ao voto unánime de toda a xunta directiva da entidade, recoñece as persoas que teñan destacado polo seu traballo en prol da LIX galega nos últimos anos, así como o seu compromiso coa entidade que outorga o recoñecemento.

Nas anteriores edicións recibiron esta mesma distinción Xavier Senín, David Otero, Xosé Neira Vilas, Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Xoán Babarro, Helena Villar Janeiro, Marifé Quesada, Paco Martín, Xabier P. Docampo e María Jesús Fernández.

Comentarios