Curta pero intensa Axenda para a fin de semana electoral


Fermosa se presenta a fin de semana cunha pequena a Axenda Costa da Morte, mentres estams pendentes das Eleccións.
Pero antes de repasalas citas, traemos o exclusivo parte costeiros que nos mandan os amigos de 4gotas.com:
Fin de semana de SOL e vento, pero coma sempre con matices. As temperaturas máximas quedarán toda a finde nos 16-18ºC nos arredores de Malpica, chegando aos 22-23 entre Fisterra e Muros.
O vento será do nordés e iso soe significar máis nubes canto máis ao norte na Costa. Malia iso o venres predominará o sol todo o día.
O sábado teremos bastantes nubes nos arredores de Malpica boa parte do día, con máis claros que nubes no sur da Costa. Seguirá zoando o vento, desta volta algo máis do norte.
O domingo pola mañá seguirán esas nubes só en Bergantiños, o mesmo vento e como diciamos a mesma temperatura, ou un chisco máis altas polo día.
Como vemos, poderemos votar sen problemas co tempo o domingo.
Teatro, festas e andainas
Son poucas pero escollidas as citas para esta fin de semana. Este sábado ás 19.00h, nova función teatral na Casa da Cultura de Cee con Talía Teatro e o espectáculo Sopa de Sapo.
Ademais, Fisterra acolle estes sábado 23 e domingo 24 de maio as Festas do Buen Suceso. O sábado comeza a troula ca verbena a partir das 22:30h co Grupo Rosán, e será a disco móbil a que peche a noite. O domingo arrinca de mañá, con misa solemne e procesión ca bande de gaitas Desiderio Paz. Unha festa que quere honrar a Fitucho, o gran organizador do evento.
Tamén o sábado ás 20:30 hrs teremos proxección do documental na Capela do Pilar de Corcubión de “I ante aquel silencio mudo”, sobre a figura de Rosalía de Castro, producido pola ASPG. Pechará o acto o grupo infantil de pandereteiras “As Xaviñanas”, pertencente a U.P. de Corcubión.
Temos tamén Ruta Cabalar dende o Campo da Areosa, e a fin de rematará coas botas posts o domingo ca Ruta con Senda Nova polos ríos de Sofán.
Máis información
Tendes toda as citas debulladas en:
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).