Domingo. 28.04.2024
El tiempo

De viaxe ao Finisterre irlandés coa SEMESCOM

De viaxe ao Finisterre irlandés coa SEMESCOM
Cronica da viaxe da Semescom a Irlanda nas fotos de XM Lema Suarez

Recuperamos a viaxe que a familia do Seminario de Estudos Comarcais da Costa realizou a Irlanda este verán. E o facemos a través das reseñas que Xosé María Lema Suárez ten publicado na web da Semescom. Unha viaxe enmarcada nun proxecto, cunha idea de aprender como son os outros Finisterraes europeos, ata onde xa temos viaxado co Manuel Vilar a Irlanda e a Cornualles.

Hoxe, tomamos nota de todo o que aprendeu a expedición costeira. Puideron disfrutar de grandes tesouros naturais e etnográficos, que reinciden na semellanza dos Finisterraes. Cantís, dólmenes, rochas, túmulos, vilas mariñeiras... Pero tamén puideron reflexionar sobre como se pode coidar e respectar o patrimonio, ao tempo que se explota turisticamente. Moito temos que aprender no finisterre sureño.

Viaxe completa da Semescom a Irlanda, por XM Lema Suárez

Parte da expedicion da Semescom en Irlanda

Do 22 ó 29 de agosto de 2013, 51 viaxeiros das Terras de Soneira, Nemancos e Bergantiños (Costa da Morte), da Coruña, Ferrol, Terra de Santiago, Terra de Montes e dalgún outro recuncho máis de Galicia viaxamos a Irlanda/Eire. Desexabamos coñecer os seus monumentos, -non só os prehistóricos, senón tamén os de todas as épocas- e achegarnos á súa fisterra occidental. Tamén nos interesaban a súa paisaxe natural, o seu urbanismo, as súas lendas, os seus costumes, a súa gastronomía, a súa música, a súa historia e a súa política actual. Seis días e pico non dan para moito, pero de certo sabemos algo máis do que sabíamos antes.

Novas relacionadas

Comentarios