Escoitando aos avós á calor da lareira
Acaban de pechar o programa de rutas de outono e xa están armando unha nova actividades. A Asociación senda Nova, presentaban esta fin de semana o programa Inverno Ancestral. E o fixeron ante máis dun cento de veciños que se achegaron á rúa Colombia para coñecer de primeira man as propostas, e para comer castañas.
I é que a cita convertiuse nun gran magosto. Baixo carpa, netos e avós, a carón da lareira, foron compartindo conversas en forma de lendas, historias e costumes antigas. Un xeito de contribuir a manter viva a tradición oral nestes tempos da ditadura das novas tecnoloxías. Por iso, o “Historias de inverno, escoitando aos nosos avós” quere achegarse ás espectaculares historias de antes, onde nos falarán da vida cotiá de entón, de aquelas lendas místicas e das peculiaridades de cada parroquia en canto a súa historia recente. Nenos, nenas e maiores serán os encargados de participar nas conversas en cada unha das sete parroquias nas que, durante os meses de decembro, xaneiro e febreiro, se levarán a cabo estas conversas. Sete lugares acolledores ás 7 da tarde.
O programa tamén vai pensando na recuperación de Xogos e xoguetes tradicionais. O Obradoiro de xoguetes tradicionais, na carpa da rúa Colómbia será a primeira cita para aprender a configurar os nosos propios xoguetes, saber construir os nosos xoguetres ecolóxicos e achegarnos e alonxarnos do consumismo, sobre todo, nunha época como a do Nadal, onde se pon de continuo de manifesto. A seguinte cita virá da man da AGXPT, Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional.
O día 28 de decembro terá lugar a RUTA SOLIDARIA SORPRESA EN BENEFICIO DE AXUDA EN ACCIÓN. Recaudaremos fondos co obxectivo de colaborar coa entidade e cos diferentes proxectos humanitarios que desenvolve en España e América.
Como non, pasará o Apalpador por Carreira, o día 4 de xaneiro. Haberá tempo para celebrar o Dúa Inernacional dos Humidais cunha visita á Lagoa de Traba, ademais dun par de saídas máis.
Máis información
Fonte
- Senda Nova.