Venres. 29.03.2024
El tiempo

A ESMU de Carnota bate marcas e supera as 200 matrículas

Esmu de Carnota o ano pasado con Castor
Castro Montes é un dos cinco mestres que imparten as clases na ESMU de Carnota
A ESMU de Carnota bate marcas e supera as 200 matrículas

A ESMU - Escola Municipal de Música - de Carnota continúa afianzandose como un referente cultural na zona e unha mostra é o número de matrículas para este curso 2022/2023 que comezará o vindeiro 3 de outubro con 202 persoas matriculadas.

"Nunca pensamos que poderíamos seguir medrando", indican dende o departamento de Cultura do Concello de Carnota. No ano 2010 a ESMU tiñan un total de 130 alumonos e alumnas que baixaron a menos de 100 ao ano seguinte debido ao traslado das escola ás instalacións do Pindo. Pouco a pouco, o número de persoas matriculadas foise recuperando e no ano 2016 chegáronse aos 141 alumnos. "Dende ese momento o alumnado foi sempre en ascenso" e cada ano batíanse marcas de participación aínda que nunca se chegaron ás 202 inscricións como aconteceu este curso.

Para impatir as clases, que son sempre en horario de tarde, a ESMU conta con cinco mestres entre os que están: Castor Montes Quintillán (área de guitarra, baixo e ukelele), Carlos González Giráldez (área de batería, percusión moderna e combos), Moncho Domínguez Calvo (área de música tradicional, vento madeira e coral polifónica de adultos), Ana Blanco Gómez (área de música e movemento, linguaxe musical, canto, orquesta Orff, coro infantil e piano) e Alianza Uhía Patiño (área de piano e linguaxe musical).

Comentarios