Espectáculo de Manolo Tena na Xunqueira
 
    19:55 15/08/10 
             Manolo Tena pasou por Cee e deixou rastro. Varios milleiros de persoas  achegáronse esta pasada noite do venres 13 de agosto para ver a Manolo  Tena. E o viron en pura esencia. Non contaba a xente con acodir a tal  espectáculo.
Tena debeuse pasar con algunha clase de sustancia antes de subir ao  escenario. Unha vez arriba, esquencíanselle as letras, saudou a  Finisterre no canto de a Cee, e estivo sentado boa parte da escasa hora  que estivo no escenario. Ata tivo que poñerse a chaqueta no medio do  concerto no canto de quitala como nos conta sorprendido o propio Marcos Rodríguez, que estivo moi preto co seu obxectivo.
Non  lembraba nin o nome dos seus compañeiros nin os das vindeiras cancións.  E ao final do concerto, cando remataba o espectáculo escoitóuselle  comentar aos músicos que se baixasen xa non vaia ser que lles pediran un  bis...
"Manolo Pena" escoitábase entre o público onte pola  noite. "Viches o patética que foi a actuación do Tena onte á noite?",  escoitábase esta mañá... Do que custou traelo mellor non pensar, porque  se fala de máis de 15.000€ malia que non temos a confirmación oficial.
Así se amosaba e así nos deixou aos ceenses.

Máis novas
| Fonte
 | 