Este ano o derbi xógase no FIOT27 entre Carlos Blanco e Touriñán



Van debullando as pezas principais da 27ª edición do Festival Internacional de Outono de Teatro. Xa coñecemos ao Xograr de Outono e pouco a pouco imos vendo algunha das citas máis singulares. Como a chegada de dous dos cómicos máis famosos do país, Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán, que traerán o seu espectáculo “Somos criminais” ao festival de teatro máis importante da comarca.
Un espectáculo pensado para conectar coas xeracións máis novas, que seguro que se animan a disfrutar desta obra singular, que falará en clave de derbi (xa sabedes que Touriñán é siareiro branquiazul e Blanco celeste) sobre a “cultura criminal” do noso país. Narcotráfico e crimes singulares farán as risas neste show dirixido por Tito Asorey, cun texto de Xosé Prieto.
O FIOT27 celebrarase dende o 28 de setembro ao 31 de outubro e presentarase oficialmente a semana vindeira.
