“Experiencia audiovisual extrema" no Carballo Interplay



Tres días refuxiados nun surfcamp, ideando, gravando e editando material audiovisual sen parar. Esa é a novedosa proposta do V Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay para comezos de abril. O Campamento Kamikaze ofrecerá -os días 2, 3 e 4 de abril, nos días previos ao festival- unha "experiencia audiovisual extrema" ás 24 persoas participantes, que se enfrontarán ao reto de idear, gravar e posproducir unha serie en tres xornadas de traballo intenso.
“Trátase", asegura Sonia Méndez, directora do festival, "de aprender facendo e traballando man a man con profesionais como David Sainz, Teresa Segura, Enrique Lojo, Óscar Cruz, Jorge Boquete, Anxos Fazáns, Silvia Fuentes e Lucía Catoira”.
O prezo é de 150 euros e inclúe aloxamento e pensión completa para todos os días da actividade no Raz Surf Camp.
Dúas proxección
Hoxe xoves 15 comeza a doble sesión audiovisual na Biblioteca Rego da Balsa.
Remata o prazo para presentar series a concurso
Este domingo, día 18, remata o prazo para presentar series á sección oficial do Carballo Interplay e optar aos máis de 5.000 euros en premios que repartirá o Festival. As webseries participantes, que deben ser producidas entre os anos 2016 e 2018 e ter un mínimo de 3 capítulos emitidos no momento de inscrición, poden ser de calquera duración, temática, xénero, de imaxe real ou animación, nacionais ou internacionais. Unhas semanas máis para presentar proxectos As persoas que non teñan unha serie producida, pero que si vontade de crear unha, teñen un mes máis para darlle forma ao seu proxecto e presentalo ao premio a proxectos de webserie en galego. Este premio, que ten por obxectivo a incentivación e o fomento da creación e a difusión de contidos audiovisuais orixinais en lingua galega en internet, ten unha dotación económica de 1.500 euros e deberá destinarse exclusivamente á produción de, polo menos, tres vídeos da webserie do proxecto premiado. O prazo para presentar proxectos remata o 18 de marzo e non hai ningún tipo de restrición de temática, de xénero, de estilo ou de persoas destinatarias. Máis información: Inscrición no Campamento Kamikaze | Inscrición no Mercado Profesional | Concurso de webseries | Concurso de proxectos de webserie en galegorelacionadas
- 2018: Varias marcas do audiovisual confirman a súa presenza no Carballo Interplay.
- 2018: Dúas proxeccións poñen en marcha o Carballo Interplay
- 2017: O Carballo Interplay abre o prazo para a presentación de webseries
- 2017: O Festival Interplay fai de Carballo a capital da cultura dixital global
- 2017: Carballo, capital global da cultura dixital
- Programa 2017: O Carballo Interplay cítase coas webseries en galego.
- 2017: O IV Festival Carballo Interplay, a máxima calidade audiovisual entra na Costa da Morte
- 2017: Volve o Carballo Interplay cos youtubers, as webseries, as estreas e as conversas como protagonistas.
- 2017: En marcha a 4ª edición do Carballo Interplay, os Goya do audiovisual virtual
- Maio 2016: O éxito do III Carballo Interplay asegura unha cuarta edición no 2017.
- 2016: Os Premios Fouciño, os irmáns pequenos do Carballo Interplay
- 2016: Carballo prepárase para o terceiro festival Interplay
- 2016: David Saínz e Teresa Segura imparten un obradoiro de creación de webseries
- 2016: Un total 36 webseries de todo o mundo compiten na terceira edición do Carballo Interplay
- 2016: As novas narrativas dixitais estarán presentes no III Festival Carballo Interplay
- 2016: Máis de 120 proxectos de todo o mundo estarán no III Festival de Webseries Carballo Interplay
- 2016: O Interplay aposta polos contidos en galego e crea un premio de 1.500€ para a mellor webserie.
- 2016: O “pioneiro” festival internacional Carballo Interplay xa conta co apoio da Deputación.
- 2016: O III Carballo Interplay quece motores co FormaCIP.
- Interplay 2015: O Carballo Interplay, os Óscars 2.0:
- Interplay 2015: Arrinca un desenfadado Festival Interplay para poñer Carballo no centro das miradas do audiovisual.
- O Festival Interplay, unha regueifa audiovisual de vangarda.
- A canteira audiovisual recupera a historia bergantiñá.
- FormaCIP: Aprendendo a ser actor, director, maquetador….
- FormaCIP: formación audiovisual de vangarda.
- 2014: As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay.
- 2014: Carballo Interplay: En marcha o primeiro Festival de Webseries de España.
- 2014: Carballo prepara a cámara para convertirse na Sundance das webseries.
- 2014: O Festival de webseries Carballo Interplay xa ten finalistas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Carballo Interplay