Fin de semana de teatro, música e festas atrasadas
Xa se nota que estamos en pleno novembro que a oferta cultural decrece. Esta fin de semana de 18, 19 e 20 de novembro de 2011 é o teatro o protagonista, con varias citas curiosas e interesantes. Pero a cita máis importante da fin de semana son as Festas de San Martiño de Lariño. Segunda Parte, i é que tralo temporal da semana pasada as festas tiveron que suspenderse.
Seguimos en Malpica cunha cita teatreira, e en Cee cunha cita musical a conta de Santa Cecilia. A cita nocturna máis salientable será o Concerto dos muradáns Terbutalina no Ézaro.
Para o sábado, haberá sesións teatreiras en Vimianzo e Ponteceso, ademais dun sempre concorrido magosto en Corcubión. E para acabar a noite, imos ata Carballo para disfrutar do concerto dos Bakin`Blues.
Poden ollar todas estas actividades en www.axendacostadamorte.com.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).